BASES QUE REXERÁN, NO PROCEDEMENTO DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS E CLUBES DO TERMO MUNICIPAL DE RIBADEO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS NA ANUALIDADE 2012 E CONVOCATORIA DAS MESMAS.
1.- DEFINICIÓN DO OBXECTO DA SUBVENCIÓN
Constitúe o obxecto desta convocatoria a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades asociativas e clubes do termo municipal de Ribadeo para a realización de actividades deportivas na anualidade de 2012. A efectos destas bases entenderanse como entidades asociativas tamén os deportistas persoas físicas que compitan ou participen en actividades ou competicións deportivas de carácter individual.
A.- Categoría de axudas á actividade competitiva.
Axudas destinadas a entidades deportivas do termo municipal de Ribadeo que desenvolvan como actividade principal a participación en competicións organizadas polas federacións deportivas ou entidade recoñecida oficialmente ou con arraigo social e interese municipal constatado e cuxa finalidade é axudar a sufragar os gastos de arbitraxe, transporte e gastos federativos (licenzas, seguros, etc) e canons que esta participación xera.
O orzamento financiable componse dos seguintes gastos subvencionables:
– Gastos de arbitraxe.
– Gastos de transporte e manutención (comidas, bocadillos…) para os casos de desprazamentos.
– Gastos federativos.
– Canons.
Os gastos de transporte serán subvencionables, primeiro, no caso de ter contratado a un terceiro (coche aluguer, autocar, etc.) ata o importe total soportado pola entidade ou segundo, cando sendo necesaria a utilización de vehículos particulares, deberase aportar copia das actas dos partidos ou competicións a que correspondan efectuándose un cálculo de 0,19 céntimos de euro por quilómetro e a asignación dun vehículo por cada catro desprazados, ata un importe máximo que non supere o 30 % do orzamento financiable da actividade.
B.- Categoría de axudas para a organización de eventos deportivos.
Axudas destinadas a entidades deportivas do termo municipal de Ribadeo que desenvolvan eventos deportivos de carácter puntual na localidade e cuxa repercusión incida na promoción e a formación deportiva e con especial incidencia no deporte recreativo, deporte saúde, deporte autóctono e tradicional, deporte feminino e deporte adaptado.
O orzamento financiable está composto polos seguintes gastos subvencionables:
– Gastos de recursos materiais.
– Gastos de persoal ou vinculado ao persoal.
– Gastos de funcionamento.
– Gastos de medios e materiais técnicos.
– Primas de seguros.
– Gastos de publicidade, P e RP.
Non poderán concorrer a estas axudas aqueles eventos que contasen ou conten tradicionalmente coa colaboración evaluable económicamente do Concello de Ribadeo
C.- Categoría de axudas para actividades deportivas.
Axudas destinadas a entidades deportivas do termo municipal de Ribadeo que desenvolvan actividades deportivas de carácter permanente e cuxa repercusión incida na promoción e na formación deportiva, con especial incidencia sobre a poboación escolar, maiores, poboación diversa e muller.
O orzamento financiable está composto polos seguintes gastos subvencionables:
– Gastos de persoal
– Gastos de material didáctico – deportivo.
– Gastos de vestimenta deportiva.
– Primas de seguros.
– Gastos de publicidade, P y RP.
2.- GASTOS SUBVENCIONABLES
Enténdese por gastos subvencionable o constituído polo custo soportado pola entidade solicitante ou beneficiaria das axudas públicas segundo os gastos subvencionables definidos para cada categoría das finalidades.
Para os efectos desta convocatoria, enténdese por orzamento financiable o constituído polo custo soportado pola entidade solicitante ou beneficiaria das axudas públicas segundo os gastos subvencionables definidos para cada categoría das finalidades.
Para os efectos do disposto no artigo 31.1 e 2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, considerase gasto realizado o que se acredite coa presentación das facturas e/ou xustificantes de gasto, sen que sexa necesario que este se atope pagado nin que se acredite o seu pagamento.
3.- REQUISITOS QUE DEBERÁN REUNIR OS BENEFICIARIOS
Obrigas dos beneficiarios:
Aceptar a subvención. No caso de que os beneficiarios non comuniquen, no prazo máximo de 15 días a partir da notificación da concesión, a renuncia, entenderase que a subvención é aceptada
Realizar a actividade para a que foi concedida a subvención
Acreditar ante o Concello de Ribadeo a realización da actividade e cumplir os requisitos e condicións que teñan determinado a concesión da axuda
Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar os datos que se lle requiran
Dar conta das modificacións que poidan surxir na realización do proxecto, xustificándoas adecuadamente
Comunicar, tan pronto como se coñeza, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade
Xustificar adecuadamente a subvención na forma que se prevé nas presentes bases
Acreditar con anterioridade á resolución de concesión que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social
Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demáis documentos que sexan esixibles segundo a lexislación mercantil e sectorial aplicable ó beneficiario. En todo caso deberán dispor dos xustificantes das contas de gastos e pagos
Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluidos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxeto das actuacións de comprobación e control
Identificar convenientemente, para os efectos de difusión pública, as actuacións que se realicen.
Os beneficiarios da subvención determinarán nas actividades realizadas con subvención a colaboración do Excmo. Concello de Ribadeo, incluíndo o escudo en todos aqueles soportes que ao uso as entidades utilicen para publicitar a actividade ou adquirir o comportamento subvencionado. Así mesmo, utilizarán o idioma galego a nivel verbal en todos aqueles actos do plan de comunicación da actividade ou comportamento.
Poderán acollerse a estas bases aquelas entidades deportivas que no momento da convocatoria o soliciten de acordo co establecido nestas, tendo consideración de beneficiario da subvención a entidade destinataria dos fondos públicos para a actividade ou acción que dentro da finalidade das bases, se atope na situación que lexitima a súa concesión.
En xeral, poderán solicitar subvencións ao amparo destas bases as entidades, clubs e asociacións de carácter deportivo do termo municipal de Ribadeo legalmente constituídas e adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro e que desenvolvan a actividade no ámbito territorial do municipio, sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto destas bases dentro do marco de cada categoría:
* Poderán solicitar axudas para as accións ou actividades ás que fai referencia o punto A das finalidades (actividade competitiva) todos aqueles clubs, asociacións ou agrupacións deportivas do termo municipal de Ribadeo cuxa actividade principal e consubstancial sexa a participación en competicións organizadas polas federacións deportivas ou entidade recoñecida oficialmente ou con arraigo social e interese provincial constatado e cuxa finalidade é axudar a sufragar os gastos de arbitraxe, transporte, manutención para desprazamentos e gastos federativos (licenzas, seguros, etc) e canons que esta participación xera.
* Poderán solicitar axudas para as accións ou actividades que fai referencia o punto B das finalidades (organización de eventos deportivos) todos aqueles clubs, asociacións ou agrupacións deportivas do termo municipal de Ribadeo que desenvolvan eventos deportivos de CARÁCTER PUNTUAL (duración entre horas a 10 días aprox.) que non conten con outro tipo de colaboración do Concello de Ribadeo cuxa repercusión incida na promoción e na formación deportiva e con especial incidencia no deporte recreativo, deporte saúde, deporte autóctono e tradicional, deporte feminino e deporte adaptado, dentro do termo municipal.
* Poderán solicitar axudas para as accións que fai referencia o punto C das finalidades (actividade deportiva) todos aqueles clubs, asociacións ou agrupacións deportivas do termo municipal de Ribadeo que realicen actividades deportivas de CARÁCTER PERMANENTE (duración entre 7 e 12 meses cunha intervención extensiva de carácter semanal) e cuxa repercusión incida na promoción e na formación deportiva, con especial incidencia sobre a poboación escolar, maiores, poboación diversa e muller. Sendo a finalidade das axudas sufragar os gastos de persoal, material didáctico – deportivo, seguros deportivos e vestimenta deportiva.
Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións, os que incorran en:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declarados insolventes en calquera procedemento, acharse declarados en concurso, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme á Lei Concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fi xado na sentenza de cualifi cación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declarados culpables, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa administración.
d) Estar incurso a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos da Lei 12 /1995 de 11 de maio, de incompatibilidades dos Membros do Goberno da Nación e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado, da Lei 53/1984 de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao Servizo das Administracións Públicas, ou tratarse de calquera dos cargos electivos regulados na Lei Orgánica 5 / 1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral nos termos establecidos nesta ou na normativa autonómica que regule estas materias.
e) Non acharse ao corrente de pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
f) Non acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á seguridade social impostas polas disposicións vixentes.
g) Ser sancionado mediante resolución firme coa perda de obter subvencións segundo a Lei Xeral Tributaria.
h) Non poderán solicitar subvención ao amparo destas bases as entidades que xa teñan concedida unha axuda de concesión directa deste Concello para a mesma actividade.
i) Non poderán solicitar subvención ao amparo destas bases as entidades que soliciten subvención para unha actividade que xa obtivo unha subvención do Concello de Ribadeo.
j) Encontrarse nalgún dos supostos que impiden a obtención da condición de beneficiario sinalados no apartado 3. do artigo 13. da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Non existirá a posibilidade de efectuar pagamentos anticipados e aboamentos a conta das subvencións concedidas.
A presentación das solicitudes supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nelas.
A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/99 de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente á xestión e tramitación do expediente correspondente.
4.- CARÁCTER DA SUBVENCIÓN
As subvencións que se concedan segundo as presentes bases terán carácter voluntario e eventual.
A Corporación como medida de garantía a favor dos intereses públicos, poderá revisalas ou, se é o caso, revogalas ou reducilas por causas debidamente xustificadas.
A concesión de subvencións para a anualidade de 2012, non xeran ningún dereito á obtención de subvencións en convocatorias posteriores.
En calquera caso, o Concello de Ribadeo quedará exento de toda responsabilidade civil, mercantil, laboral ou de calquera tipo que se derive das actuacións ás que queden obrigados os beneficiarios das subvencións.
5.- ORZAMENTO
A cantidade destinada para a concesión de “SUBVENCIÓNS PARA AXUDAS A ENTIDADES DEPORTIVAS PROMOTORAS DO DEPORTE” do ano 2012, será de vinte e sete mil euros (27.000 €) con cargo á aplicación 2012/341.48900 do orzamento do presente ano 2012
As subvencións municipais serán incompatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administracións ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, agás que a cantidade subvencionada non alcance o orzamento máximo da actividade, acción ou comportamento. Nese caso poderanse compatibilizar ata a contía do devandito orzamento.
A distribución da aplicación nas diversas categorías das finalidades de estas bases quedará constituída en función das necesidades globais da acción subvencionadora do organismo e sempre atendendo ao cumprimento con máxima eficiencia da promoción deportiva no termo municipal de Ribadeo.
6.- AVALIACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes serán estudadas e resoltas pola Alcaldía-Presidencia, tras a proposta formulada por unha comisión de Valoración constituída, segundo as previsións do artigo 22 da Lei de Subvencións de Galicia a modo de órgano instructor, da seguinte forma:
PRESIDENTE:
O Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Ribadeo ou concelleiro en quen delegue ou o substitúa legalmente.
VOGAIS:
Un técnico da materia segundo a natureza da subvención
O Concelleiro de Deporte.
c) A interventora xeral do Concello ou funcionario en que delegue ou o substitúa
Exercerá como secretario da comisión un dos vogais da mesma.
O Presidente da Comisión poderá dispor a presenza doutros membros con funcións de asesoramento.
Corresponde á comisión de valoración formular a proposta de resolución. A proposta, que non terá carácter vinculante, deberá expresar o solicitante ou a relación de solicitantes para os que se propón a concesión da subvención, e a súa contía, debendo facer constar – de xeito expreso – a desestimación do resto das solicitudes, se e o caso, segundo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
Seguirase, a estes efectos, o procedemento abreviado do artigo 22 da Lei de Subvencións de Galicia.
Así mesmo, para a concesión das subvencións teranse en conta os seguintes criterios de acordo coas diferentes categorías:
CRITERIOS DE BAREMO PARA A CATEGORÍA DE AXUDAS Á ACTIVIDADE COMPETITIVA
Modalidade deportiva: Ata 18 puntos
Categoría: Ata 30 puntos
N º de licenzas: Ata 30 puntos
Resultados deportivos: Ata 30 puntos
Grao de consolidación territorial: Ata 40 puntos
Grao de dispersión territorial: Ata 30 puntos
CRITERIOS DE BAREMO PARA A CATEGORÍA DE AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS.
N º horas de actividade: Ata 18 puntos
Dimensión deportiva á que vai dirixida: Ata 40 puntos
N º de participantes: Ata 30 puntos
Cualificación persoal: Ata 30 puntos
Grao de consolidación territorial: Ata 40 puntos
Grao de cobertura e difusión en medios: Ata 30 puntos
CRITERIOS DE BAREMO PARA A CATEGORÍA DE AXUDAS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Carga horaria: Ata 30 puntos
Poboación á que vai dirixida: Ata 40 puntos
N º de participantes: Ata 30 puntos
Cualificación persoal: Ata 30 puntos
Grao de consolidación territorial: Ata 40 puntos
Grao de cobertura e difusión en medios: Ata 30 puntos
• A Comisión de Avaliación poderá, excepcional e motivadamente, aplicar outros criterios obxectivos que non estean relacionados nos anteriores para a concesión das subvencións.
7.- IMPORTE DA SUBVENCIÓN.
A subvención que o Concello de Ribadeo poderá conceder non excederá, en ningún caso, do establecido na seguinte táboa para cada categoría:
CATEGORÍA MÁXIMO
• Axudas á actividade competitiva 10.000,00 €
• Axudas á organización de eventos 1.800,00 €
• Axudas para actividades deportivas 1.500,00 €
Tendo o dito importe o carácter de certo, sen referencia a unha porcentaxe ou fracción do custo total da actividade. Conforme ao artigo 32 do Regulamento Xeral de Subvencións, o importe da subvención será unha contía fixa, polo que a achega do beneficiario deberá cubrir ata o custe total da actividade, que deberá relacionarse no momento da xustificación. De acordó co establecido no artigo 27 da Lei Xeral de subvencións e no 61 do seu regulamento, a reformulación de solicitudes realizarase de forma automática, de xeito que, se o importe da subvención é inferior ao solicitado polo beneficiario, o orzamento subvencionado será o da subvención concedida.
O importe das subvencións, en ningún caso poderá ser de tal contía que illadamente ou en concorrencia con outras, de Administracións ou de Entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade, acción ou comportamento.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras Administracións, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión. Con carácter xeral e orientativo, o importe da subvención solicitada será entre o 30% e o 75% do orzamento financiable de gastos da actividade.
A Alcaldía-Presidencia só concederá unha axuda a cada actividade para os efectos de que haxa mais dun participante no concurso que solicite axuda para a mesma actividade, nas categorías sinaladas nos puntos B e C do apartado da finalidade ou obxecto, das presentes bases.
Con carácter xeral, ao abeiro do artigo 22 da Lei Xeral de Subvencións, adxudicarase a subvención a todas as solicitudes que cumpran os requisitos regulados nestas bases, prorrateando o crédito máximo en función da valoración obtida.
8.- AS SOLICITUDES: Presentación, prazos, lugar de presentación, órgano ao que se dirixe a petición e documentación a presentar.
As solicitudes, dirixidas á Alcaldía-Presidencia do Concello de Ribadeo, formularanse nos modelos oficiais, os cales serán facilitados directamente polo Concello de Ribadeo, puidendo obterse tamén na dirección web www.ribadeo.org. Un exemplar da solicitude – xunto coa documentación que se acompañe – presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, quedando outro exemplar en posesión dos interesados. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais dende a publicación das presentes bases no BOP.
As entidades poderán solicitar un máximo de dúas subvencións no marco desta convocatoria. Nese caso, os solicitantes deberán formular dúas solicitudes diferentes, debendo igualmente – a entidade solicitante – priorizar entre elas, establecendo a súa primeira opción.
As solicitudes deben ser subscritas polos peticionarios, acompañándoas daqueles documentos requiridos para cumprir a condición de beneficiario e daqueles outros que conveñan para a definición da axuda solicitada en función das finalidades establecidas nestas bases.
A non presentación da documentación ou omisión de datos de xeito total ou parcial terá como consecuencia a non valoración dos criterios establecidos que non estean suficientemente xustificados.
OS DOCUMENTOS COMÚNS E NECESARIOS A PRESENTAR COA SOLICITUDE SON:
– Certificación orixinal acreditativa da entidade do acordo de solicitude de subvención ó Concello de Ribadeo e do acordo do nomeamento do representante da entidade para as relacións co Concello de Ribadeo.
– Copia do Documento Nacional de Identidade do representante da entidade.
– Copia compulsada dos estatutos da entidade (ou determinación de terse entregados).
– Certificación orixinal da entidade onde faga constar o domicilio social actual e os membros da actual xunta directiva.
– Declaración xurada do representante da entidade de ter a entidade que representa a condición de beneficiario.
– Declaración xurada do representante de axudas solicitadas e concedidas por outras administracións para a mesma actividade.
– Copia do CIF da entidade.
OUTROS DOCUMENTOS ESPECÍFICOS E NECESARIOS A PRESENTAR COA SOLICITUDE, SEGUNDO A CATEGORÍA DA AXUDA A QUE SE CONCORRE SON:
Para a categoría de axudas á actividade competitiva:
a) Certificación da federación correspondente, segundo o modelo normalizado de:
a. Categoría superior da entidade deportiva.
b. Categorías inferiores con representación.
c. N º de licenzas por categoría e total de licenzas.
d. N º de equipos por categorías.
e. Resultados deportivos dos equipos.
* Se é o caso, acompañarase certificación federativa do ranking federativo dos deportistas da entidade segundo a modalidade deportiva.
* Os resultados deportivos serán de carácter definitivo no momento de expedir a certificación: da tempada rematada no ano 2010 ou no caso de que non rematase, resultados deportivos na data de publicación no BOP da convocatoria.
Esta data só se terá en conta si a tempada non rematase no momento de finalizarse o prazo de presentación de solicitudes.
b) Certificación do secretario da entidade do orzamento financiable de gastos subvencionables da actividade competitiva segundo o modelo normalizado
c) Certificación do cadro resume de quilometraxe e número total de quilómetros realizados pola actividade competitiva expedido polo secretario da entidade segundo o modelo normalizado, acompañando os calendarios de competicións.
Para a categoría de axudas para a organización de eventos deportivos:
a) Proxecto da actividade programada que debe incluír:
a. Denominación.
b. Descrición xeral.
c. Xustificación (do evento, características: fundamentalmente a dimensión deportiva á que vai dirixida (temática ou vertente deportiva principal))
d. Destinatarios (perfil dos destinatarios e n º de participantes)
e. Localización e cobertura (onde se leva a cabo, de onde son os participantes e n º de horas de actividade)
f. Obxectivos.
g. Recursos (RRHH: Número e titulación, RRMM (inventario do material, diferenciando material funxible e inventariable, RREE: Recursos propios do proxecto)
h. Plan de comunicación e seguimento de medios. (Intencións e feitos)
i. Avaliación dos logros alcanzados e metas a alcanzar.
k. Orzamento de gastos e ingresos por conceptos da actividade.
b) Certificación do Secretario da entidade dos datos do evento no modelo normalizado.
c) Certificación do Secretario da entidade do orzamento financiable de gastos subvencionables do evento segundo o modelo normalizado.
Para a categoría de axudas para actividades deportivas:
a) Proxecto da actividade programada que debe incluír:
a. Denominación.
b. Descrición xeral.
c. Xustificación (da actividade, características: fundamentalmente a poboación a quen vai dirixida)
d. Destinatarios (número e perfil dos participantes (poboación á que vai dirixida)
e. Localización e cobertura (onde se leva a cabo, de onde son os participantes e n º de horas de actividade)
f. Obxectivos.
g. Recursos (RRHH: Número e titulación, RRMM (inventario do material, diferenciando material funxible e inventariable, RREE: Recursos propios do proxecto).
h. Plan de comunicación e seguimento de medios.
i. Avaliación dos logros alcanzados.
j. Orzamento de gastos e ingresos por conceptos da actividade.
b) Certificación do Secretario da entidade dos datos da actividade deportiva acompañando o planing horario semanal da actividade deportiva por grupos de participantes.
c) Certificación do secretario da entidade do orzamento financiable de gastos subvencionables da actividade deportiva.
9.- PRAZOS DE EXECUCIÓN
O prazo máximo de execución da actividade ou comportamento subvencionado será dende o 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro do 2012.
En casos excepcionais, a entidade beneficiaria poderá solicitar unha ampliación do prazo sempre que a actividade, acción ou comportamento a xustificar non houbese concluído pola propia natureza da mesma, sendo a súa resolución adoptada pola Alcaldía-Presidencia do Concello de Ribadeo, e tendo en conta tamén que a ampliación non exceda da metade deste e sempre que con isto non se prexudiquen dereitos de terceiros.
10.- RESOLUCIÓN E COMUNICACIÓN
A Alcaldía-Presidencia resolverá definitivamente as subvencións. A resolución, ademais de conter o nome do solicitante ou relación de solicitantes aos que se concede a subvención, fará constar, se é o caso, de xeito expreso a desestimación do resto das solicitudes.
Non se concederá ningunha subvención ata que non se xustifiquen axeitadamente subvencións anteriores concedidas polo Concello de Ribadeo.
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de tres meses. O prazo computarase a partir do día en que remata o prazo establecido na convocatoria para presentalas. O vencemento do prazo máximo sen notificarse a resolución lexitima aos interesados para entender desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da subvención.
As contías e condicións das subvencións poderán ser modificadas no caso de que resulten alteradas as condicións que se tiveron en conta para a súa concesión.
11.- XUSTIFICACIÓN E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.
Tendo en conta que a rendición da xustificación constitúe un acto obrigatorio do beneficiario é polo que unha vez finalizada a actividade, acción ou comportamento e no prazo establecido, as entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar o cumprimento da finalidade da actividade subvencionada. O incumprimento do prazo dará lugar á perda do dereito a percibir a subvención outorgada.
As xustificacións de aboamento das subvencións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo coa seguinte documentación:
– Memoria de actuación xustificativa e custo total da actuación realizada sobre o cumprimento das condicións que orixinaron a concesión da subvención explicitando o nivel de logros acadados.
– Memoria económica xustificativa do custo da actuación realizada, que conterá:
1.- Relación clasificada dos gastos da actuación subvencionada, con identificación do acredor e documento, importe e data de emisión.
2.- Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, como mínimo ata o importe da subvención concedida. Os documentos acreditativos dos gastos que se acompañen terán que ser orixinais, podendo ser devoltos ao beneficiario da subvención, se así o solicita, unha vez estampilladas polo órgano xestor.
3.- Declaración responsable da entidade de que, a actividade obxecto da subvención ou axuda económica, foi realizada na súa totalidade co cumprimento das condicións que motivaron a súa concesión, segundo o modelo normalizado.
4.- Declaración responsable da entidade dos datos da relación detallada das subvencións ou/e axudas obtidas doutras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto ou actividade ou, se é o caso, declaración de non ter outras subvencións públicas ou privadas para o mesmo obxecto ou actividade, segundo o modelo normalizado.
– Certificados de acharse ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias (Axencia Tributaria Estatal, Facenda autonómica, Servizo de Recadación Provincial) ou fronte á Seguridade Social.
– Declaración responsable da entidade de non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro, segundo o modelo normalizado.
– Certificación bancaria da entidade, expedida por persoa autorizada da entidade bancaria, da conta na que se ingresará – de ser o caso – a correspondente subvención unha vez tramitada a documentación presentada, e na que deberá figurar – como persoa autorizada – o representante ou representantes da entidade. Bastará a expresión do número de conta se a mesma foi acreditada mediante certificación bancaria en anteriores convocatorias.
– Se é o caso, declaración responsable do representante da entidade de que a entidade que representa está asumindo o custo do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), derivado dos gastos subvencionables da actividade, acción ou comportamento para a que solicita subvención, por non ter a posibilidade de compensalo ou recuperalo.
– Acreditación, se é o caso, coa achega dos documentos necesarios, de que o escudo do Concello de Ribadeo se inseriu na publicidade da actividade ou comportamento.
O aboamento da subvención, unha vez aprobada a documentación xustificativa desta, será efectuada mediante transferencia bancaria á conta sinalada polo solicitante. Non se procederá ao seu aboamento se o solicitante non está ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á seguridade social, ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.
De terse producido a actuación a subvencionar no momento de publicación das presentes bases, poderanse presentar conxuntamente os documentos de solicitude e xustificación, que serán analizados individualmente na fase procedimental correspondente.
12.- PRAZOS DE XUSTIFICACIÓN.
Unha vez finalizada a acción ou comportamento e no prazo establecido, as entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar o cumprimento da finalidade da acción ou comportamento subvencionado.
A rendición da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio do beneficiario, e a súa presentación realizarase, en calquera caso, antes do 31 de Xaneiro de 2013. En todo caso entenderase cumprido o prazo sinalado cando os documentos de xustificación sexan presentados conxuntamente coa solicitude.
Para os casos establecidos na base 9ª no parágrafo II, este prazo poderá modificarse atendendo á excepcionalidade e motivación que fundamente a modificación do prazo de execución, do xeito que o prazo de xustificación sexa coherente coa resolución adoptada.
Transcorrido este prazo establecido de xustificación sen presentarse esta ante o Concello de Ribadeo, con rexistro de entrada, este requirirá ao beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días sexa presentada. A falta de presentación da xustificación neste prazo adicional levará consigo a revogación da subvención.
13.- REDUCIÓNS.
Unha vez recibida a conta xustificativa o departamento de Intervención revisará a documentación presentada polos beneficiarios comprobando o cumprimento das condicións que motivaron a resolución da concesión da subvención.
No caso de que o importe da subvención concedida illada ou en concorrencia con outras subvencións outorgadas por outras Administracións ou de Entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade ou comportamento, procederase a redución da subvención concedida ata que non se supere este custo.
No caso de que o importe dos gastos subvencionables xustificado polo beneficiario non alcance o importe da subvención concedida, reducirase a subvención en función do alcance da propia conta xustificativa.
Nestes casos, as reducións practicaranse de oficio e de xeito automático sen necesidade de iniciar ningún procedemento, previo informe da área de xestión competente.
14.- ACTUACIÓNS DE COMPROBACIÓN
Para os efectos de comprobar a realización da actividade, acción ou comportamento e do cumprimento da finalidade que determine a concesión e goce da subvención, o Concello de Ribadeo poderá realizar actuacións de comprobación cuxo alcance se estima que será do 10% do total de solicitudes concedidas. A selección das solicitudes a comprobar realizarase a través dunha mostra aleatoria segundo o número de rexistro das solicitudes que participaron no concurso.
O período de realización das comprobacións comprenderá os dous anos seguintes a partir da pechadura de todos os expedientes de conta xustificativa da convocatoria.
Os aspectos fundamentais a comprobar serán:
– A execución efectiva da actividade, acción ou comportamento.
-O cumprimento do obxecto da subvención.
– A conta xustificativa ata o importe da subvención concedida.
Os beneficiarios están na obriga de conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control, especialmente, as facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados, na relación clasificada presentada.
– Aqueles datos que pola súa natureza puideran repercutir sobre o proceso de concorrencia competitiva danando dereitos de terceiros.
15.- SUPOSTOS DE REINTEGRO
No caso de que o beneficiario incorra nalgunha anomalía para obter a subvención ou incumprimento da natureza da actividade total ou parcialmente, así como o incumprimento do contido das bases para a concesión destas, a entidade deberá proceder ao reintegro das cantidades percibidas.
Por causa xustificada, poderá accederse á petición que se formule polos beneficiarios, sobre modificación total ou parcial da actividade programada e que, se é o caso, non poida ser executada de forma orixinaria, e a súa resolución será adoptada polo mesmo Órgano que outorgou a subvención.
16.- OUTRAS DISPOSICIÓNS
No non previsto nestas ”BASES” estarase ao disposto en:
A Lei Estatal 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
R. D. 887/06, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Subvencións.
Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
O Regulamento Orgánico da Deputación.
Bases de execución do orzamento e a normativa sobre delegación de competencias e atribucións dos órganos de goberno do Concello vixentes no momento da concesión.