Site icon Crónica3.com A Mariña

Queremos Galego convoca un acto en San Caetano para exixir a derrogación do decreto conta o galego

QUEREMOS GALEGO CONVOCA UN ACTO ÁS PORTAS DE SAN CAETANO PARA EXIXIR A DERROGACIÓN DO DECRETO CONTRA O GALEGO E DO PROXECTO DE LEI DA WERTGOÑA.

O acto terá lugar o 12 de decembro ás 12 horas (12 do 12 so 12 ás 12), e comezará coa entrega dun escrito no Rexistro Xeral da Xunta.

A plataforma Queremos Galego, que aglutina máis de 700 entidades, inicia mañá 12 do 12 do 12 ás 12 o calendario de mobilizacións para exixir a derrogación do Decreto 79/2010 de Plurilingüismo e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004, así como a retirada do rascuño da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), popularmente coñecida como Lei da Wertgoña, pola involución que representa en canto ao uso das linguas diferentes ao castelán, nomeadamente a galega.

Queremos Galego xa puxo en marcha unha recollida de sinaturas a través da súa páxina web e fai un chamamento á sociedade para que participe nesta concentración diante da Xunta en Santiago convocada para as 12:00 horas do día 12 de 2012.

Previamente ao acto entregarase un escrito no Rexistro Xeral da Xunta, tras o que terá lugar o acto.

CONVOCATORIA DE ACTO DE QUEREMOS GALEGO. 12/12/12

ÁS 12.00: ENTREGA DUN ESCRITO NO REXISTRO XERAL DA XUNTA EN SAN CAETANO

ÁS 12.05: ACTO DIANTE DE SAN CAETANO

Exit mobile version