OUTEIRO DE REY F.S.F. 2 – VIVEIRO F.S.F. 1
Outeiro.: Iria, Olga, María, Rocio, Sheila. Tamén xogaron.: Roser e Beatriz
Viveiro.: Diandra, Nerea, Rocio, Xiana e María. Tamén xogaron.: Conchi, Andrea e Raquel
Goles.: 1-0 Rocio; 1-1 María; 2-1 Iria
O Viveiro voltou de valeiro da súa visita a cancha do Outeiro de Rey pese a xogar un dos seus mellores partidos nesta tempada, pero a falla de acerto de cara ao gol fixo que o Outeiro quedara cos tres puntos en disputa.
O partido comezou, case como soe ser habitual, cun erro defensivo que fixo que o Outeiro se adiantara no marcador nos primeiros minutos do partido.
A partires deste gol as xogadoras do Viveiro tomaron o control do partido, adiantando moito a liña de presión e dificultando a saida do balón por parte das xogadoras do Outeiro, que so chegaban en contadas ocasións e sempre con lazamentos largos a espalda das defensoras, pero que apenas puñan en apuros a meta defendida por Diandra.
O control do tempo de xogo por parte das xogadoras viveirenses fixo que estas tiveran moitas ocasións para empatar o partido, cousa que acadou mediada a segunda metade por medio de María Balsa.
Co empate no marcador o partido transcurría coa mesma tónica, control por parte do Viveiro, que era contrarrestado polas perigosas contras das xogadoras do Outeiro que se atoparon co 2-1 a falla de tres minutos para o final de partido, ao aproveitar un dos moitos balóns en largos que Iria cruzou ante a saida de Diandra.
O vindeiro sábado o Viveiro recibe ao Relua Xermade, un rival moi complicado e que ven de gañar ao Friol e ao Quiroga e que ocupa as primeiras plazas da clasificación.