Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela celebra cea de nadal con homenaxe ao militante máis antiguo da agrupación

Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela, queremos informar ós afiliados, simpatizantes e veciños en xeral, que o vindeiro venres día 14 de decembro o PSdG-PSOE de Burela vai a celebrar a súa habitual cea de Nadal no Hotel Nordés a partires das 22:00 horas, o prezo do prato é 25 euros, na que aproveitaremos a ocasión para facerlle un recoñecemento especial ó compañeiro Ismael Rego, que ademais de ser o afiliado máis antigo da nosa Agrupación, é un compañeiro que nos moitos anos que adicou á vida política conseguiu que A Mariña en xeral, e Burela en particular fose escoitada e atendida no Parlamento de Galicia polos distintos gobernos. É por isto que entendemos que esta homenaxe ó compañeiro Ismael Rego é máis que merecida.
Convidamos a participar nesta homenaxe a toda a xente que estexa interesada en acompañar a Ismael Rego nesta celebración, e poñemos a disposición da xente interesada o número de teléfono 600 96 72 14 para poder anotarse. A data límite para facer a inscrición será o vindeiro mércores día 12.

Exit mobile version