Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Lugo lembra a Ceferino Díaz como “un exemplo de amor ao socialismo e de compromiso”

O PSdeG-PSOE de Lugo lembra a Ceferino Díaz como “un exemplo de amor ao socialismo e de compromiso”

Os socialistas lucenses expresan a súa dor polo pasamento dun “histórico” que “amosou a súa ilusión por cambiar as cousas ata o final” e que “incluso hai un mes, no Comité Nacional, deixou unha lección de socialismo inesquecible, cun discurso que todos teremos sempre moi presente”

O PSdeG-PSOE de Lugo amosa a súa dor e un sentido e cercano pésame á familia do seu compañeiro Ceferino Díaz, que será sembrado sempre, din, como “un histórico socialista e galeguista, exemplo de amor ao socialismo e de compromiso” que “amosou a súa ilusión por cambiar as cousas e estivo activo e á disposición do partido ata o final”. Ceferino Díaz, lucense de Escairón, en O Saviñao, “debe servir de exemplo para os socialistas de toda a provincia, de Galicia e de España” polas súas aportacións ao pensamento socialdemócrata “sempre coa súa terra moi presente”.

Desde o PSdeG lucense lembran “de forma especial, con profundo respecto e cariño” a súa derradeira intervención nun Comité Nacional do partido, hai pouco máis dun mes en Santiago. “Deixou unha lección de socialismo inesquecible, cun discurso que todos teremos sempre moi presente e que foi moi aplaudido”. Nese encontro, Ceferino Díaz deixou frases para o futuro cheas de autocrítica e de forza para mirar cara adiante. “Todos temos que ser xenerosos para deixar paso aos mellores; se non, morreremos de éxito buscando os culpables fóra”, ou “fai falta un partido que aclame menos, aplauda menos e debata máis”, foron algunhas das súas afirmacións. Ceferino Díaz, que xogou un histórico papel na elaboración e na reforma do Estatuto de Autonomía, convidou a construír o partido “de abaixo cara arriba”. Os socialistas lucenses agradécenlle “a súa lección de vida e de enerxía ata o final e a defensa da democracia e a xustiza social”.

Exit mobile version