Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP vai estudar a proposta da Deputación sobre o servizo de teleasistencia

Logo da reunión desta tarde para tratar da teleasistencia

O PP agradece que a Deputación rectifique na politización dos servizos sociais e comece a facer propostas

O PP lembra que con esta proposta a Deputación só incrementa a súa aportación nun 15%, mentras que os Concellos terían que achegar o 50% do custe do servizo que ata a data non sufragaban

Os populares piden un tempo para estudar esta proposta

Lugo, 11 de decembro de 2012-. O Partido Popular de Lugo participou esta tarde na xuntanza levada a cabo pola Deputación para abordar a temática da teleasistencia. Foi un Deputado Provincial e alcalde en representación de tódolos rexedores da provincia.

Os populares manifestan a pouca asistencia ainda que non lles extraña, posto que cada vez que a Deputación de Lugo convoca a unha xuntanza non o fai para solventar un problema, senón para facer política; é o caso dos servizos sociais.

O PP agradece que o Organismo Provincial rectifique na politización dos servizos sociais e comece a facer propostas que permitan chegar a un consenso para garantir este servizo aos cidadáns.

Os populares piden un tempo para estudar esta proposta e lembran que con esta, a Deputación só incrementa a súa aportación nun 15%, mentras que os Concellos terían que achegar o 50% do custe do servizo, que ata a data non sufragaban.

Afirman os populares que as necesidades están por riba da política e lembran que é competencia do Organismo Provincial proporcionar asistencia económica, xurídica e técnica aos concellos en materia de servizos sociais e manifestan que o cumprimento da Deputación de Lugo está moi lonxe do resto doutros Entes de Galicia, que sufraxian íntegramente o servizo.

Exit mobile version