O PP de Ribadeo denuncia o mal estado no que se atopa o paseo do faro debido a pasividade de Suárez Barcia
.Calzada en mal estado, paseo sucio e ausencia de faros son unhas das deficiencias que presenta este entorno ribadense
. Este mal estado só ten un responsable, que non é outro que o rexedor ribadense
. Esta situación de abandono dana a imaxe do Concello, posto que todo cidadán ou turista que alí se achegue, levará unha mala impresión do lugar
Ribadeo 11 de decembro de 2012.- O Presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad denunciou esta mañá o mal estado no que se atopa o Paseo do Faro.
“Atopámonos cunha estrada en malas condicións, cun paseo sucio e coa presencia de varios bancos que ademáis de estar mal situados o seu estado é pésimo”- manifestou López Penabad, quen criticou a mala imaxe que se percibe dun entorno tan visitado.
O popular critica ademáis a falta de mantenento posto que elementos que se van deteriorando quedan no olvido e non se reparan
“É o caso das luces e focos que se atopan incustrados nas pedras do pavimento. Unhas fúndense, outras rómpense e o rexedor, en vez de cambialas ou arranxalas, fai caso omiso”- afirma o Presidente dos populares ribadenses, quen califica como outra falta máis de compromiso e pasividade por parte de Fernando Suárez
López Penabad asegura que un paseo coma o do faro, situado ao lado da Ría, ten que estar totalmente limpo e en boas condicións e non na situación de abandono na que se atopa.