Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que deseñou e está a materializar un proxecto que procura lograr indicios de recuperación produtiva en Mondoñedo

Xuntanza do PP local na Casa da Xuventude

Candia “O PP local nunca perdeu unha eleccións, atópase nunha posición forte, cun bo proxecto e sendo unha clara alternativa de goberno”

A portavoz popular, Elena Candia, Fará balance hoxe nunha reunión con afiliados do PP local das actividades promovidas polo Partido Popular no municipio de Mondoñedo

A popular asegura que durante esta anualidade e co compromiso de ser o partido máis votado, deseñou e está a materializar un proxecto que procura lograr indicios de recuperación produtiva en Mondoñedo

O contacto coa xente e a reunión cos veciños foron unha das pautas que marcaron o traballo dos populares, co obxecto de dar traslado as demandas e actuar de intermediario coas administracións

O PP lamenta a actitude do goberno local durante esta anualidade caracterizada pola “deixadez” e o “abandono” das súas funcións; acertando só no momento en que rectifica

Mondoñedo, 22 decembro de 2012.- A portavoz do PP de Mondoñedo, Elena Candia, recorda que “o Partido Popular local nunha perdeu unhas eleccións, atópase nunha posición forte, cun bo proxecto e sendo unha clara alternativa de goberno”. Así o pon de manifesto a popular, que manterá esta tarde na Casa da Xuventude da localidade unha reunión con afiliados do Partido Popular na que dará conta e fará balance das accións promovidas polo partido ao longo desta anualidade.

A popular asegura que durante o ano 2012, as pautas de traballo a seguir polo PP de Mondoñedo rexéronse pola pretensión de lograr indicios de recuperación produtiva na localidade. Con este obxecto, dende o Grupo local e en contacto cos veciños estase a realizar un proxecto que dinamizará o turismo e aproveitará os recursos que ofrece Mondoñedo. De igual maneira, tamén celebraron unha mesa de traballo en torno ao sector forestal.

Así mesmo, o contacto coa xente e as reunións cos veciños foron outras das liñas que marcaron o traballo dos populares, procurando dar traslado ás demandas dos mindonienses e actuar de intermediario coas administracións. O PP lembra a implicación da Xunta de Galicia coa adecuación do entorno de Viñas da Veiga, coa oferta dun obradoiro de emprego ou coa dotación de fondos para as concentracións parcelarias.

Pola contra, Candia lamenta a actitude do goberno local caracterizada pola “deixadez” e o “abandono” das súas funcións; acertando só no momento en que rectifica. Así a popular fai referencia a prohibición de aparcar no entorno da Fonte Vella, sendo necesaria a presentación de alegacións por parte dos veciños e conlevando a rectificación do rexedor local. Candia explica que o tráfico e a política emprendida en materia de estacionamento por parte do goberno local foi unha das problemáticas máis destacables ao longo desta anualidade, conlevando o descontento da veciñanza, e polo tanto a presentación de alternativas por parte do PP.

Así mesmo a popular tamén lamenta que Mondoñedo siga sen un Plan de Emerxencias pese a ser solicitado en varias ocasións, así como a ralentización do PXOM, a problemática en torno as bases do Grumir ou a obra “pouco cómoda” da Fonte Vella.

Os populares garantindo a súa labor de oposición rexistraron o número máximo de iniciativas posibles por cada pleno. Así, os populares asumen como compromiso continuar coas reunións cos veciños e asociacións; co proxecto de turismo; así como acordar un horario de apertura da sede para facilitar un punto de encontro, xunto coa colocación dun tablón de anuncios que sirva de comunicación das accións levadas a cabo.

Exit mobile version