5ª xornada de LNB NorLeste. Domingo 16 decembro 2012
Marcos de “Remourelle Bulls” faise co galo en Ribadeo
No pavillón do Centro Integrado Porta da Auga de Ribadeo, celebrouse o VI Aberto de Billarda “Trofeo do Galo” correspondente a 5º xornada da LNB NorLeste.
Corenta e cinco palanadores acudiron a cita dispostos a loita e ninguén desta volta foi quen de facer pleno, todos se deixaron algún punto no camiño. O esforzo extra ó que se viron obrigados os Bulls por mor das ausencias de Bea e de Suso Villarino, viuse recompensado co poido final. Un so punto perdeu MARCOS o gran referente dos Bulls, que deste xeito consigue o seu segundo podio consecutivo logo de se impoñer tamen no Abreto de Flores e brinca na súa particular escalada a clasificación xeral ata o terceiro posto.
Nesta xornada tódolos equipos tiveron altos e baixos destacando so os visitantes Gharabotos, que dende as Rías Baixas nos acompañaron de novo e por riba foron os que desta volta puxeron a nota musical ao remate do aberto. Gelín amosou as dotes de bo gaiteiro ca interpretación de varias pezas populares ao tempo que se daba conta dunhas tortillas e chourizos regadas cuns traguiños de viño.
Malia as ausencias Elena e Guille, inmersos na tarefa de espallar a billarda en terras brasileñas, o equipo de Os Outros puido capealo temporal e continúa a comandar a táboa ainda con cinco 5 puntos sobre os Billardeiros Musicais e 9 por riba dos Tropa Lixeira.
Na pista rápida do pavillón, propicia para facer varados, non se acadaron tantos como cabía de esperar. Fixeronse un total de 10 varados. Pode ser que a medida que avanza a tempada cada quen esta mais pola labor de amarrar os puntos que por expoñerse a perdelos arriscando ao varado.
Lixeiros cambeos nas clasificacións xerais que quedan así nos primeiros postos:
Individual: Charli 41 p., Richar 40 p., Marcos 39 p., Eric 38p., e Daniel 37 p.,
Equipos: Os Outros 143 p., Billardeiros Musicais 138 p., Tropa Lixeira 134 p.
Varados: Charli e Regueiro 5. Eric 4, Luis 3, Cristian, Daniel, Martiño, Muriego, Oscar e Pepe 2.
Con esta 5º xornada cerramos o ano 2012 no que se refire a competición oficial xa que o vindeiro aberto puntuable esta previsto para o 12 d