RecitandoCelsoemiliO
O IES Perdouro de Burela únese á celebración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.
O IES Perdouro secunda a iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, para celebrara en todos os centros de Galicia: o recitado conxunto do poema “Deitado frente ao mar”. A actividade consiste en que ás 12:00 h. do día 12-12-2012 o máximo número de persoas lea esta composición.
Ademais de case dous centenares de alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato, na actividade participarán diversos docentes e un convidado moi especial: o mariñeiro e poeta Jesús Mosquera, que habitualmente faena nas augas próximas a Nova Zelandia. Este veciño de Burela recitará o poema de Celso Emilio dedicado aos buscadores de illas.
A viaxe literaria será conducida polo profesor Antón Niñe e na mesma tamén intervirán a vice-directora do centro, Karina Parga; o auxiliar administrativo, José Chao; e o profesor de Economía, Antonio Mato. Os poemas recitados polo alumnado están moi directamente relacionados coa interculturalidade, unha carácterística moi presente na poboación de Burela.