Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo facilitará que as familias sen recursos podan mandar os fillos ás actividades

AS CONCELLARÍAS DE SERVIZOS SOCIAIS E CULTURA FACILITARÁN QUE OS NENOS E NENAS DE FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS POIDAN ACUDIR ÁS ACTIVIDADES DESTINADAS AO PÚBLICO INFANTIL QUE HABERÁ EN RIBADEO A PARTIRES DO VINDEIRO DOMINGO.

Ribadeo, 11 de decembro de 2012. As Concellarías de Servizos Sociais e Cultura colaborarán para facilitar que os nenos e nenas de familias con escasos recursos económicos poidan acudir ás actividades destinadas ao público infantil que terán lugar a partires do vindeiro domingo, 16 de decembro.

Segundo explican desde estes departamentos “a iniciativa vai dirixida aos usuarios de Servizos Sociais e tamén a aquelas outras familias que o precisen que, non sendo usuarios deste servizo, viran empeorada a súa situación económica nos últimos tempos”. Os convites son limitados e vanse repartir na oficina dos Servizos Sociais para pícaros que teñan entre 4 e 10 anos, “logo de xustificar os datos económicos”.

Desde as Concellarías de Servizos Sociais e Cultura sinalan que “si se esgotaran as invitacións abriráse unha lista de agarda para futuros espectáculos aos que xa acudirían familias que non puideran estar nesta primeira tanda”. Os interesados poden pasar a partires de mañá mércores, 12 de decembro, polos Servizos Sociais do Concello, ubicados no auditorio municipal.

“Esta colaboración entre as Concellarías de Servizos Sociais e Cultura realízase tendo en conta que o acceso á cultura é un factor de inclusión social e atendendo tamén aos tempos de crise económica que estamos a vivir”, explican.

Exit mobile version