“O Club de Remo CELEIRO, volveu á competicion oficial 10 anos despois”
“No campionato provincial de Remo Indoor celebrado en Ferrol, os remeiros de Celeiro, participaron 4 tripulacións que subiron en tres ocasións ao Podium”

Celeiro, 17/12/2012. O Club de remo Celeiro, volveu no día de onte á competición oficial, coa participación de 4 equipos no Campionato Provincial de Remo Indoor que se celebrou no Pabillón da Malata en Ferrol. Os celeirenses, adestrados por Marcos e Andrés Peña, subiron ao podium en tres categorías, Cadete, Xuvenil e Senior.
Na categoría cadete os de Celeiro, quedaron en terceira posición, logo dunha durisima disputa coas tripulacións de Ares e Perillo, o equipo B de Celeiro en categoría cadete, ficou na undécima posición, realizando tamén un gran traballo.
En categoría xuvenil, a tripulación de Celeiro, resultou en terceira posición, disputando ata os últimos metros, a segunda posición coa tripulación de Narón. O Clube de remo de Perillo foi moi superior, as embarcacións de Celeiro e Narón, facéndose cunha clara victoria.
En categoría senior, viveuse a tanda máis reñida, cunha continua disputa entre Narón, San Felipe e Celeiro, que durante toda a carreira, se mantiveron en constantes cambios de posición. Un pouco máis rezagada a tripulación de Ares, que nos últimos metros a piques estivo de entrar no Podium. Os de Celeiro, colocaronse en varias ocasións na primeira posicion, posición que perderon a pouco máis de cen metros do final, chegando ao final en terceira posición a tan só unha décima do segundo clasificado San Felipe, e a un segundo do vencedor, o club de Remo Narón.
Os de Celeiro, xa preparan o campionato galego de Remo Indoor, que se disputará tamén en Ferrol, o 20 de xaneiro de 2013, nunha fase previa, á volta a competición en Bateis, a partir do mes de febreiro.