Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela Pescados Rubén FS B acadou unha contundente vitoria (1-6) ante o C. de Vigo IES Coruxo FS

CARLITOS CONDUCE A CONTUNDENTE VITORIA DO BURELA FS B EN VIGO (1-6)

O Burela FS Pescados Rubén FS B despediu os compromisos a domicilio de 2012 cunha importante vitoria, ante un rival directo, impoñéndose con contundencia ao C. de Vigo IES Coruxo FS por 1-6, nunha xornada goleadora conducida por Carlitos, autor de 4 dos 6 tantos laranxas.

Os mariñáns empezaron indecisos tanto en ataque como en defensa pero a gran efectividade nos primeiros minutos fixo que en tres boas boas chegadas á contra se puxeran cunha renda de 3-0, xa no minuto 9, da autoría de Souka, Carlitos e Antón. A partir de aí o equipo foi adquirindo o ton axeitado en defensa e o rival non puido crear moito perigo. No minuto 11, Antón e o visitante Pablo foron expulsados nunha decisión moi rigorosa. No tres para tres o cadro burelista foi claramente superior ao Coruxo e puxo o 0-4 no marcador, o segundo de Carlitos (minuto 13). Na recta final, un rexeitamento fixo que o equipo local metese o 1-4 (minuto 18).

Tras o descanso, o Burela FS intensificou a solidez defensiva e en dúas boas contras, que finalizaría Carlos, subiu o 1-6 definitivo (28 e 30). Superado o 30, os vigueses decidiron sacar o porteiro-xogador, pero unha boa defensa e un gran Brais fixeron que os laranxas non sufriran e mantiveran o luminoso inalterable.

Ficha técnica

IES Coruxo: Alejandro, Pablo, Javier, Francisco Javier e Mario; tamén xogaron Arón, Andrés, Cristian, Santi e Carlos.

Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Souka, Antón e Carlos; tamén xogaron Xoia, Helder, Arón e Pichi.

Goles: 0-1, minuto 4, Souka; 0-2, minuto 6, Carlos; 0-3, minuto 9, Antón; 0-4, minuto 13, Carlos; 1-4, minuto 18, Arón; 1-5, minuto 28, Carlos; 1-6, minuto 30 Carlos

Exit mobile version