Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro solicita que se devolvan as competencias de contratación de persoal ao Pleno

“O BNG de Viveiro, solicítalle á Alcaldía, que devolva as competencias en materia de contratación de persoal ao Pleno Municipal”

Bernardo Fraga, Portavoz Municipal do BNG en Viveiro, afirmou esta mañá “non ten sentido, que a día de hoxe, tal e como se atopa económicamente o Concello, sen orzamentos dende o ano 2008, e cunha política económica lamentable, o Alcalde siga contratando persoal ao seu antollo”

O BNG local, considera que o mellor é devolver as competencias en materia de contratación de persoal ao Pleno Municipal, para que sexan as veciñas e veciños, a través do seu organo de representación democrática, os que decidan que baixas, tanto temporais, coma de relevo se cubren, en función das necesidades, e valorando o persoal existente no Concello. Por iso solicitamos que o Alcalde de Viveiro,, devolva as competencias en materia de contratación de persoal ao Pleno Municipal.

Ademais, o BNG, denuncia que as contratacións para este tipo de postos se están facendo “a dedo”, sen seguir criterios de igualdade, transparencia nas contratacións e capacidade. Basándose, según palabras da Alcaldía, nunha selección realizada fai case dous anos pola Deputación de Lugo, para o programa Lugo Emprega, polo que toda a xente que puidese obtar a eses postos, que se atope en situación de desemprego, queda excluida, se non estaba nesta situación antes de febreiro de 2011.

Ademais, existen baixas e contratos de relevo, cubertos polas mesmas persoas en varias ocasións, polo que aínda de ser legal, seguir o listaxe, nin sequera se leva un orde correlativo.

Bernardo Fraga comentou ademais “no BNG cremos, nas contratacións de persoal, baixo criterios de igualdade, transparencia e capacidade, iso no Concello de Viveiro non se cumpre, e o Goberno Municipal debe rectificar, para garantilos”.

Exit mobile version