Site icon Crónica3.com A Mariña

iVi pregunta pola implantación da Garda Civil do Mar en Viveiro e outros asunto de interese municipal

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
PREGUNTAS

¿Ten constancia oficial o equipo de goberno da implantación la garda civil do mar en Viveiro?

¿Está previsto para o exercicio 2013 seguir coa pavimentación da calle Rua Grande en Celeiro?

Asi mesmo ¿existe algún proxecto para o arranxo da rua do Calvario en Celeiro?

¿Fíxose por parte do goberno municipal alguna xestión para arranxo dos baches na zona de rodadura do paseo marítimo de Covas, sobor de todo frente o cruce do parque?

As obras da VAC entre San Cibrao e Celeiro, de novo están paralizadas, ¿ten constancia o Concello de Viveiro si está previsto a continuidade das obras?

ROGOS

1.- Rogamos o equipo de goberno que tome as medidas oportunas para regular a prohibición de depositar bolsas de lixo fora dos contenedores, tanto de superficie como soterrados.

Exit mobile version