Confundir termos é un tanto alarmante sobre todo en canto a política se refiere.
Parto da base que cada cidadán é libre para elexir, defender ou pertencer a unha ou outra ideoloxía pero o que é indignante é que o representante dunha corrente política, doido e impotente, arremeta, con acusacións fora de contexto, contra os que sacan a luz os seus imperdoables erros.
Dende hai un tempo, percibo a un rexedor de Ribadeo indignado, molesto e nervioso. Quizáis él mesmo se de conta de que está facendo un traballo nefasto e que os cidadáns se están percatando de quen é a persoa que teñen ao fronte do goberno.
É obvio que resultar premiado gusta máis que ser criticado pero cando alguén fai algo mal, non lle queda outra que asumilo e como mínimo rectificar o erro, pero non enganar, enmascarar e criticar con argumentos sin sentido a quenes esixen esa boa xestión.
Comprendo que Fernando Suárez teña un sentimento terrible de culpa porque a súa mala xestión impediu a creación dun obradoiro de emprego en Ribadeo, algo moi necesario, máxime na época na que está atravesar o país; ou quizáis esté preocupado porque o pavillón, do que tanto presumiu e alardeou a bombo e platillo esté paralizado…podo comprender o seu nerviosismo pero cada un ten que ser consecuente cos seus feitos, da-la cara e explicacións do ocurrido e non botar balóns fora e saír ao paso con mensaxes que están fora de contexto e obvian respostas a unha cidadanía merecedora delas.
Os populares de Ribadeo non queremos confrontacións nin broncas, simplemente queremos e pedimos un alcalde que se preocupe por facer posible o que os ribadenses necesitan. Desgraciadamente, detectamos numerosos e graves erros na xestión do goberno municipal polo que como oposición vémonos na obriga de facer un seguimento riguroso das súas actuacións e sacalas a luz, xa que todo cidadán ten que ser coñecedor das mesmas.
O noso seguimento riguroso, a nosa oposición constructiva e as nosas críticas parecen facerlle dano ao rexedor, quen evita dar explicacións, non responde ao que se pregunta e adícase a lanzar cortinas de fume escudándose e queixándose, desta vez, das miñas formas de expresión cando son totalmente as correctas.
Somos coñecedores das maneiras de actuar do Señor alcalde, quen sabendo que non cumprirá, promete, engana, minte, manipula, enmascara e, cando intúe que vai ser descuberto, emprega o seu cansino víctimismo.
Penso que errar é de humanos pero de sabios é rectifica-los erros polo que o Señor Suárez debería tomar exemplo deste refrán popular e comezar a asumir a súa mala e pésima xestión, sen escudarse, confundir termos e atentar contra a miña persoa.
VALÍN