Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunidade de Montes de Vilaestrofe e As Espalladoras potencian o rural do concello de Cervo con actividades

A COMUNIDADE DE MONTES DE VILAESTROFE E A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS AS ESPALLADORAS, MOSTRAN A SÚA SATISFACIÓN COA FANTÁSTICA AFLUENCIA DE PÚBLICO AS XORNADAS DE TEATRO QUE ORGANIZAN EN SAN ROMÁN DE VILAESTROFE.

A Comunidade de Montes de Vilaestrofe e a Asociación As Espalladoras mostramos a nosa satisfación da gran acollida que están tendo estas xornadas, con unha grande afluencia de público, rondando unha media de 100 persoas por cada representación.

Estas xornadas deron comezo o pasado sábado día 1, coa actuación do Grupo de Teatro Axóuxeres, de Vilaronte, que representaron as obras “Véndese unha mula” e “A pousada”. O día 2, actuou o Grupo de San Cibrao Ardora, que representou a obra “Acernos”, e o día 6, actuou o Grupo de Teatro A Adala de Fazouro coa obra “Atoados”.

Quedan para este sábado a representación da obra “O Chufón”, do Grupo Raiolas de Alfoz e para o domingo O Grupo de Teatro O Bordelo de Cervo coa obra “Fume de Carozo”, tamén no pavillón de deportes da Comunidade de Montes de Vilaestrofe ás 19:00 horas.

Con esta iniciativa, tanto a Comunidade como as Espalladoras, pretendemos potenciar o rural do Concello de Cervo, as que asisten veciños de San Román, Rúa, Trasbar, Castelo, Senra… dotándoo destas actividades que tanto gustan a pequenos como maiores, así como ó teatro afeccionado da comarca.

Queremos tamén agradecer a tódolos grupos de teatro a súa participación e colaboración nesta iniciativa á que pretendemos darlle continuidade en vindeiros anos dado o éxito.

Agradecemos asimesmo, tanto a Área de Cultura da Diputación de Lugo, que financia as xornadas de teatro xunto coa Comunidade e a Asociación As Espalladoras, como ó Concello de Cervo, que aporta material para as xornadas, a súa boa disposición e acollida.

Exit mobile version