A FINAIS DA VINDEIRA SEMANA DESENVOLVERÁNSE OS ACTOS CONMEMORATIVOS DO CENTENARIO DO CEMENTERIO MUNICIPAL DE BURELA. PARA O VENRES ESTÁ PREVISTA A PRESENTACIÓN DUN LIBRO QUE RECOLLE, ENTRE OUTRAS COUSAS, FOTOS DA CONSTRUCCIÓN E DA AMPLIACIÓN DO CAMPOSANTO.
Burela, 7 de decembro de 2012. Os días 14 e 15 de decembro desenvolveránse os actos conmemorativos do centenario do cementerio municipal de Burela. Haberá, entre outras actividades, a presentación dun libro, que recolle artículos de persoas vinculadas coa historia e coa literatura e fotos da construcción e ampliación do camposanto, segundo anunciaba esta mañá o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.
O rexedor explicou que “tal e como estaba previsto o Concello e a xunta parroquial de Burela en colaboración coa confraría de pescadores editarán un libro sobre o centenario do cementerio de Burela. Ese libro xa está na imprenta, está prácticamente rematado e tamén están ultimados os actos, moi sinxelos, organizados para conmemorar dito centenario”.
González Barcia relatou que “o camposanto comezou a acoller enterramentos no ano 1912. No libro colaboran distintas persoas de Burela, vinculadas coa historia e coa literatura. Titúlase Centenario do cementerio parroquial de Burela 1912-2012. Nel participan o cronista oficial de Burela, Benjamín González Quelle; a historiadora Herminia Pernas Oroza; o licenciado en filoloxía Luis Miguel Pedre; o cura párroco de Burela, Ramón Marful, en el tamén se recollen fotografías e diversos documentos vinculados coa construcción ou coa ampliación do cementerio parroquial”.
O acto de presentación do libro terá lugar o vindeiro venres, 14 de decembro, ás 20:30 horas no salón de conferencias da antiga biblioteca. O alcalde burelés convida “a todas as persoas que queiran participar a acudir á presentación dun libro que pretende dar a coñecer ás novas xeneracións un pouco máis aínda, si cabe, qué é e o que foi Burela, cómo se fragua a Burela do presente e aprender a ter en conta os valores que todas esas persoas que están soterradas no cementerio parroquial, e tamén no outro, contribuíron a aportar para que Burela e os bureleses, xa non os da vila, senón os que viñeron de fora e se asentaron aquí, tivesen ese espíritu de traballo, sacrificio, tolerancia, cooperación, colaboración e facer o que se fixo e chegar a onde se chegou. E con eses valores facer unha proxección hacia o futuro”.
José Mª González Barcia engadiu que “o sábado, 15 de decembro, se desenvolverán os actos relixiosos desta celebración. Ese día ás 11:30 horas haberá unha misa na antiga igrexa parroquial, o que hoxe é a igrexa da Vila do Medio, que era a igrexa parrquial cando o cementerio se puxo en marcha. E despois haberá o descubrimento dunha lápida conmemorativa no propio cementerio parroquial”. O alcalde subliñou que “son actos moi sinxelos, porque a situación non está para facer grandes celebracións. Quero agradecer a colaboración da xunta parroquial de Burela, representada no seu párroco, e da confraría de pescadores, que aínda hoxe segue a pagar o recibo mensual do consumo de enerxía eléctrica do cementerio parroquial. Un recoñecemento especial á confraría que sempre soubo e sabe estar implicada naquelas cuestións de tipo social que se poñen en marcha no noso concello”.
González Barcia engadiu que “a nosa intención, dentro das posibilidades económicas que hai hoxe en día, é seguir mantendo esta liña de actuacións, de promocionar aqueles aspectos vinculados coa historia e con outros temas de relevancia que poida haber en Burela, tal e como se fixera na nosa época anterior con asuntos vencellados coa xeoloxía, coa botánica para que as novas xeneracións saiban de onde vimos, onde estamos e que teñan claro que con eses valores que fraguaron a Burela do pasado para fraguar a Burela da presente se poida traballar na Burela do futuro”.