ar de caer por 2-5 no Martrinez Otero. O mister está contento pola actitude de estes dous últimos encontros, indicando que este e o camiño a seguir. Pola súa parte os CADETES, desprazáronse o domingo a S.Miguel de Reinante para xogar contra o Iberia, en partido de rivalidade comarcal. Os focegos, mostraron o porque da súa clasificación (lideres e invictos) e golearon por 0-4 os locais. Asier, Dani, Insua e Germán foron os goleadores do equipo de Oke que está a demostrar que de momento é o mellor equipo da categoría, sacándolle 5 e 6 puntos os seus inmediatos seguidores. O dato negativa foi a lesión de Gonzalo que se lle torceu o xeonllo aos dez minutos de iniciarse o partido, e que fixo que tivese que retirarse do terreo de xogo. A ver que din os fisios unha vez examinada a perna do goleador focego. Os xuvenís seguen de descanso ata o ano que ven. A seguir así e sempre Aupa Foz Aupa.
FOTO : Iñaki autor do gol do empate ante o Santiago en categoria infantil.