Site icon Crónica3.com A Mariña

A relación do PP coa Igrexa Católica

A RELACIÓN DO PARTIDO POPULAR (P.P.) COA IGREXA CATÓLICA

¿Quen dixo que o P.P. non ten relación coa Igrexa Católica?

Segundo a Igrexa Católica existen as “Tres Virtudes Teolóxicas” que son: Fé, Esperanza e Caridade, de acordo con isto, non son quen de entender por que se molestan os Sres. do P.P. por que se lles relacione cos postulados dos seguidores de Cristo na terra. Rouco Varela entre outros.

De acordo cos discursos do Sr. Núñez Feijóo, presidente de Xunta de Galicia dende o 2009, “entendendo” os seus discursos de investidura, nos que vén de dicir que son coincidentes nun 66 % coa Igrexa Católica. (de momento, e esperemos que pare aquí).

Ano 2009, 1ª Lexislatura, 1ª coincidencia = 33 %

Tende FE, (definición de Fe: Confianza ou crenza de algo ou en alguén con determinada autoridade, coñecemento ou experiencia, aínda que falten probas da certeza do que di) en nós, acabaremos co paro en 90 días, (os resultados están á vista) defenderemos o aforro galego, dos Galegos e das Galegas, (primeiro fusionaron as caixas e consentiron indemnizacións millonarias para os seus dirixentes e logo convertéronas nun banco do que xa botaron á rúa 2.000 empregados e queren botar outros 2.500). Non faremos recortes en políticas sociais, enténdanse como tales, sanidade, educación, axudas á dependencia, etc. non consentiremos a redución de postos de traballo, (que llo digan ós funcionarios), entendamos como tales, mestres/as, empregados municipais, de xustiza, carteiros/as, médicos/as, enfermeiros/as… “carallo coa defensa do aforro e dos traballadores públicos e privados”.

Ano 2012, 2ª Lexislatura, 2ª coincidencia = 33 %

Temos ESPERANZA, (definición de Esperanza: Sentimento que se experimenta cando ás cousas van mal e esperase que melloren nun tempo non determinado). Confiade en nós, coñecémola, construímola, (axudáronlle a medrar), vímola. ¿Como na van coñecer, axudarlle a medrar e vela, se aínda a coñezo eu, non é outra que Esperanza Aguirre!, coñecida popularmente pola súa labor “altruísta e desinteresada” en favor das clases sociais máis desfavorecidas.

Líbrenos o pobo e os seus votos para que no ano 2016 poidamos “sacar” do poder a todos estes “benefactores” da sociedade. Senón farán que se cumpra a 3ª virtude teolóxica, a CARIDADE, e teñamos que sobrevivir dela, ( definición de Caridade: Axuda ou auxilio que se lles dá ós necesitados) a maioría dos Galegos e Galegas que nos vemos ingobernados pola xente do P.P. e da Conferencia Episcopal Española, na máis grande das pobrezas ás que nos levan.

Quédanos traballo por diante, pero non podemos deixar que nos sigan pisando, mexando por nós e dicir que chove. Na nosa man ten que estar saír desta.

Luli

Exit mobile version