A FUNDACIÓN EXPOMAR CONTARÁ CUN ORZAMENTO QUE RONDARÁ OS 180.000 EUROS NO 2013. GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE O PADROADO TENTA AMPLIAR O NÚMERO DE MEMBROS PARA DARLLE MÁIS FORZA E MELLORAR A SÚA CAPACIDADE FINANCIEIRA.
Burela, 17 de decembro de 2012. A Fundación Expomar contará cun orzamento que rondará os 180.000 euros durante o vindeiro ano. Esta mañá reuníuse no Concello o padroado que preside o alcalde, José Mª González Barcia, para analizar o plan de actuación do 2013 e para ver cómo están os traballos preparatorios da vindeira edición da feira náutico pesqueira Expomar, que terá lugar a terceira fin de semana do mes de maio.
O rexedor sinalou que “os preparativos da feira van tal e como estaba previsto, se está a contactar con expositores e a inmensa maioría están a confirmar a súa presencia. De todos os xeitos é un pouco prematuro aventurar si se vai repetir un número similiar ao do ano 2011, pero o que sí é certo é que as perspectivas pintan ben. Todo apunta a que feira terá a mesma calidade e contará con firmas de renome, tal e como aconteceu en anos anteriores”.
No plan de actuación da Fundación Expomar para 2013, recóllese a propia realización da XV Feira Náutico Pesqueira do 23 ao 26 de maio. “E tamén se inclúen as xornadas técnicas Expomar que chegan a súa vixésima edición e que terán lugar os días 23 e 24 de maio e os encontros empresariais de organizacións pesqueiras, que serán o 24 de maio. No plan de actuación da Fundación Expomar figuran tamén a duodécima edición de Produart, unha feira de produtos artesanais e ecolóxicos que se vai celebrar do 2 ao 4 de agosto. E a coorganización xunto coa asociación de mulleres palilleiras do encontro de palilleiras que se desenvolverá en maio”, dixo González Barcia.
O alcalde burelés e presidente da Fundación Expomar indicou que “os presupostos que estamos a manexar para 2013 presentan un capítulo de gastos que probablemente andará polos 180.000 euros e que sufragaremos con ingresos. Estamos a negociar coa Xunta e con distintas entidades financieiras as aportacións que con carácter institucional recibe a Fundación xa desde hai anos. E tamén contemplaremos todo o que se refire á recadación que trae consigo a colocación de stands na feira náutico pesqueira. Confiemos en que se cubra tamén en ingresos fundamentalmente”.
José Mª González Barcia manifestou que “estamos tentando ampliar o número de membros do padroado da Fundación Expomar. De feito se ten incorporado a Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián e confiamos en que en vindeiras datas poida haber algunha incorporación adicional para darlle máis forza ao padroado en sí e tamén maior capacidade financieira”.