A semana pasada membros da AA. VV. O Castro reunímonos con membros dos grupos políticos con representación no Concello, cumprindo así o compromiso acadado na reunión que tivemos o 16 de Novembro cos membros da asociación e cos veciños afectados por a ubicación da depuradora do porto de Foz.
Sobre o desenrolo destas reunións queremos comentar o seguinte:
Nestas reunións os membros da AA. VV. Trasmitimoslle os diferentes grupos a nosa oposición a construción da nova depuradora no porto de Foz, así como a necesidade de retirar a actual. Tamén lles trasmitimos os nosos argumentos, xa por todos coñecidos.
Os membros da AA. VV. O Castro alegrámonos de que o equipo de goberno recollese o noso sentir e o de outros moitos neste tema, e anunciasen o venres pasado que van solicitar a retirada da actual depuradora do porto de Foz.
Pedímoslle a todos os partidos que deixen de facer localismo e política con este tema, que teñan altura de miras, que miren por o ben común e que traballen para que canto antes se realice esta importante infraestrutura tan necesaria para Foz.
Tamén lle pedimos o equipo de goberno que axilice os tramites e a obra, e que non se escude na falta de apoios ou acordos con outros grupos.