Durante o mes de decembro O Pasatempo quere recordar a historia de Mondoñedo e as súas xentes e ó mesmo tempo mirar cara ó futuro a través da ollada dos xoves creadores. Durante o Nadal, todos aqueles que queiran poderán disfrutar de dúas actividades que serán totalmente gratuítas, unha exposición e a proxeccións e estrea de varias curtametraxes.
Por unha banda, ponse en marcha a “I Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” que se desenvolverá en dúas xornadas, os domingos 23 e 30 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo a partir das 8 da tarde. Nesta xornada proxectaranse dez curtametraxes, cinco cada día de entre 5 e 20 minutos, sobre diferentes temáticas. Os proxectos audiovisuais están realizados por xoves creadores de Mondoñedo e outros lugares de Galicia. O domingo 23 poderase ver o documental “Ferro Ardendo”, “Para Mariñeiros nós”, “Servicio a Domicilio”, “Paixón por Ferrol” e “La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa”. O segundo día, domingo día 30 de decembro proxectaranse “Houston”, “Sin Plomo”, “Pantin Classic”, “X nada” e “Lugnasad. Unha noite máxica”. Asistir a calquera destas proxeccións serán gratuíto.
Dentro desta “I Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” o sábado 29 de decembro producirase a gran estrea en Mondoñedo da curtametraxe “Mr Smith & Mrs Wesson”, de Alejandro Saavedra. Este filme está protagonizado polos actores Octavi Pujades e Camila Bossa e conta ademais coa aparición doutras caras moi coñecidas do mundo audiovisual galego como Luis Iglesia ou María Mera. Acción e intriga garantizadas nesta estrea que terá lugar ás 20:30 no Auditorio de Mondoñedo. As entradas terán un prezo de 2 euros e poderán adquirirse ese mesmo día no auditorio ou anticipadamente nos bares ‘O Porriño’ e ‘O Rincón’ de Mondoñedo.
Por outra banda, O Pasatempo bota a vista atrás no tempo para recoller a historia do fútbol en Mondoñedo a través de imaxes. A exposición “A Historia do Fútbol en Mondoñedo” poderase visitar na Casa da Cultura
durante dúas fins de semana, os días 22, 23 e 24 e os días 29, 30 e 31 en horario de 11 a 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde. Arredor dun cento de fotografías retratan o paso a paixón polo fútbol na cidade mindoniense, dende os anos vinte ata a actualidade. No primeiro momento recórdanse as formacións esporádicas dun equipo que participaba en festas e torneos e que chegou a converterse no actual clube de fútbol estable da actualidade, con categorías inferiores e participación na liga regular. A entrada a esta exposición é gratuíta e permite facer un recorrido histórico por rostros coñecidos e recordos compartidos por todos, non só en Mondoñedo, senón no resto da Mariña.
Convidámolos a todos a achegarse e compartir con nós tódalas actividades que O Pasatempo preparou para este Nadal.
+ INFORMACIÓN:
“Mr Smith & Mrs Wesson” http://smithwesson-shortfilm.com/
Curtas:
“Ferro Ardendo”. No monte Campo do Oso existen uns gandeiros que teñen unhas 450 reses de gando cabalar salvaxe. Tódolos últimos domingos do mes de Xuño, dende o 1968, ten lugar a Rapa das Bestas, unha tradición ancestral que se vai pasando de xeración en xeración sen perder a esencia da loita entre o home e o cabalo salvaxe.
“Para Mariñeiros nós”. Pinto e Cobiñas, na súa xornada de pesca contan cun invitado de excelencia, Ricardito, que nunca fixo nada da súa vida e quere comezar a facer algo útil, tarefa que non será nada sinxela.
“Paixón por Ferrol”. Curta documental que amosa como son os últimos preparativos das cofradías que fan posible a Semana Santa ferrolana.
“La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa”. Nada é o que parece. Nin Macareno é un desalmado proxeneta nin La Sanita é una prostituta calquera. Os dous vivirán, rodeados de extrañas personaxes unha aventura que romperá os límites do real e o imaxinario.
“Houston”. Amizade, amor e enfermidade, tódolos ingredientes necesarios para un final non moi feliz.
“Sin Plomo”. Cinco personaxes vense envoltos nunha situación extrema: un atraco a unha gasolineira no que cada un deles descubrirá algo sobre sí mesmo.
“Pantin Classic”. Unha visión obxectiva de cómo se desenvolve o campionato domundo de surf na praia de Pantín.
“X Nada”. Roi e os seus amigos practican un xogo moi especial, unha forma de divertirse peculiar e bastante violenta. Este macabro xogo vainos unir para sempre a Dani, que tivo a mala sorte de estar no lugar e momento inadecuados.
“Lugnasad. Unha noite máxica”. O documental conta con varias partes, nas que se recolle a orixe desta celebración, a festa en si con especial énfase no entorno, o Coto da Auruxeira en Bretoña. Tamén se fala da celebración das vodas celtas na Pedra dos Namorados e cóntanse anécdotas dos 15 años de historia e a opinión de membros da asociación organizadora sobre o futuro que lle espera a esta cita.