
Os usuarios do Centro de Rehabilitación Psicosocial de Burela da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña visitaron na Casa da Cultura a exposición didáctica Aves de Galicia, organizada pola Concellería de Medio Ambiente. Tamén pasaron pola exposición ao longo desta semana alumnos do CEIP Virxe do Carme (son os que aparecen nas fotos), do CEIP Vista Alegre e da Fundación Eu Son, entre outros.