Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo aplaude a decisión de suspender as lúas de mel gratuítas no Cervo italiano

OS SOCIALISTAS APLAUDEN A DECISIÓN DE SUSPENDER AS LÚAS DE MEL GRATUITAS NO CERVO ITALIANO

-Lembran que foi unha iniciativa positiva no ano do irmandamento entre os dous concellos pero “nestes momentos de dificultade económica non nos podemos permitir gastos innecesarios”

-Recoméndanlle a Villares que “aplique a mesma coherencia e austeridade coas que xustifica esta medida, replantexando os gastos no seu propio goberno”

CERVO, 8 DE NOVEMBRO. O Concello vén de anunciar a suspensión do financiamento de lúas de mel no Cervo italiano e os socialistas súmanse a esta decisión do goberno, “en épocas de dificultade económica non nos podemos permitir estes gastos, pois son totalmente innecesarios e innasumibles polo conxunto dos veciños”.

Dende o GMS destacan que esta iniciativa que xurdiu co irmandamento de ambos concellos no ano 2008, “estivo moi ben cando a situación era mellor, ademais de ofrecer ós recén casados este agasallo, servía para manter a irmandade con este municipio italiano e foi unha boa forma de promoción turística. Agora ben, hoxe en día, entendemos perfectamente e aplaudimos a decisión do alcalde, Alfonso Villares”.

A coherencia e austeridade que xustifican esta proposta de Villares debera ser aplicada, segundo os socialistas, “en moitos outros ámbitos do Concello, pois un municipio de menos de 5.000 habitantes non se pode permitir catro soldos para membros do goberno, os pagos por asistencia a Xuntas de Goberno ou o salario dunha persoa que se adica, en exclusiva, a retransmitir os movementos do noso alcalde, ata tal punto que na última sesión plenaria, só asistiu para sacar unha foto dos membros do goberno, en lugar de plasmar a realidade dun pleno que está composto por varios grupos políticos, todos eles representantes dos veciños ós que se debe”.

Exit mobile version