FUENTE PARGA ASEGUROU QUE O CONVENIO ASINADO COA XUNTA E COA DEPUTACIÓN SEGUE O SEU CURSO HABITUAL. O REXEDOR ANUNCIOU QUE NAS VINDEIRAS SEMANAS DARÁN COMEZO NOVAS OBRAS NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA.
Barreiros, 10 de novembro de 2012. O alcalde, Alfonso Fuente, asegurou que o convenio asinado coa Xunta e coa Deputación segue o seu curso habitual. E anunciou que en breve se iniciarán máis obras no abastecemento de auga do concello. A devolución dun aval a un constructor non influirá para nada no desenvolvemento de dito convenio.
O rexedor aludiu ás declaracións que hoxe aparecen nun medio de comunicación sinalando que o Concello ten que reintegrar 63.000 euros a un constructor. Fuente Parga subliñou que “non é así, neste caso o que pasou é que este constructor no seu momento renunciou a facer a obra para a que tiña concedida licencia, se acordou tal e como se recolle na propia sentencia reintegrarlle o imposto de construcción que eran 30.000 euros. Se lle reintegraron de mutuo acordo co propio constructor, despois de ver os informes que corroboraban que non se tiña iniciado a construcción”.
O alcalde de Barreiros explicou tamén que “este promotor tiña subscrito tamén o convenio co Concello para a execución do abastecemento de auga, pero él entendeu que no momento en que renuncia á licencia e se lle reitegra o importe da licencia hai que devolverlle o aval. Non son cantidades que tivera ingresadas o Concello, simplemente en base á sentencia se lle devolverá o aval ao considerar que este promotor xa non vai construir, non levará adiante a súa promoción neste concello. Xa se tiña falado con é no seu momento, pero non podíamos devolverlle este aval, só se podía facer a través de sentencia e ésta é a que se resolve agora”. Para Alfonso Fuente “trátase dunha situación normal completamente e non lle afecta para a nada á execución do convenio subscrito coa Deputación e coa Xunta de Galicia”.
O rexedor engadiu que “todo sigue adiente. Hai uns días que mantivemos un encontro en Santiago para sacar adiante esto. A partires do mes de decembro o proceso seguirá o seu curso, dentro duns días se verán mais obras do abastecemento do auga e mellorando todo. Esto non cambia nada, e as arcas municipais non sufrirán ningún perxuizo porque estas cantidades non foron ingresadas, este aval non foi executado, se lle devolveu o documento do aval ao constructor e nada máis, sen ningún outro inconvinte. Os cartos nunca entraron nas arcas municipais e nunca van sair”.