Site icon Crónica3.com A Mariña

Imparten en Barreiros talleres das áreas sensorial, motriz e da linguaxe

Deron comezo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro os talleres para a terceira idade que organiza o Concello, a través do departamento de Servizos Sociais. A esta primeira cita acudiron 9 veciños e veciñas barreirenses, ainda que outros incorporáranse ás sesións a partires da vindeira semana. Os talleres terán lugar os luns, martes e mércores de catro a seis da tarde. Están dirixidos aos maiores de 65 anos, a xubilados maiores de 60 e a persoas con discapacidade.

Exit mobile version