Site icon Crónica3.com A Mariña

FRUGA súmase á Folga Xeral do 14 de novembro e anima a toda a poboación do medio rural galego a participar

A Federación Rural Galega-FRUGA, súmase á Folga Xeral do 14 de
novembro e anima a toda a poboación do medio rural galego a
participar nesta xornada de folga e nas mobilizacións que se organicen.
Santiago de Compostela, 8 de novembro do 2012.
O vindeiro mércores 14 de novembro está convocada unha xornada de
Folga Xeral polo conxunto das organizacións sindicais e que se
desenvolverá en varios estados da periferia europea. Quérese así dar unha
resposta masiva contra as políticas de recortes e demandar outras políticas
económicas que procuren a reactivación da economía.
Dende a FRUGA compartimos completamente os obxectivos da
convocatoria de Folga Xeral, xa que no mundo rural galego somos
perfectamente coñecedores dos resultados desta nefasta política de recortes
que o PP está a desenvolver. O mundo rural galego está a sufrir moi
intensamente o deterioro dos servizos públicos: recortes nos centros de
ensino, desaparición de escolas, desatención das persoas maiores, deterioro
na atención sanitaria, pensións máis baixas, etc.
Ao mesmo tempo as políticas levadas a cabo polos distintos gobernos do
PP, orientadas a salvar por enriba de todo ao capital financeiro, están
afundindo a actividade económica, con especial incidencia na actividade
agraria que se atopa nunha situación crítica nunca vista.
Por todo isto, dende a Federación Rural Galega, FRUGA, pensamos que a
única maneira de frear a política de recortes e por en marcha outras
políticas que procuren a reactivación económica é recorrer á mobilización
social. É por iso que apoiamos esta convocatoria de Folga Xeral e
animamos a toda a poboación do mundo rural galego a sumarse a esta
xornada de folga e ás mobilizacións que se convoquen

Exit mobile version