Os bares do concello énchense os sábados pola noite de xente que escoita a emisora do Val do Ouro para ver se son agraciados con este bonito premio. Cada sábado a expectación é grande e a diversión abundante, pois o sorteo radiofónico é conducido polo gran Cachín, do Grupo Teatral Raiolas. Quedan aínda dous sorteos nos sábados restantes deste mes de novembro e 250 euros en produtos acumulados para o vindeiro sábado.