Durante o presente mes de novembro a ACIA de Alfoz organiza o segunto Sorteo Radiofónico. Os comercios de Alfoz pertencentes á ACIA agasallan ós seus clientes con boletos para sorteos que se celebran os sábados pola noite na Radio Valadouro. Os gañadores de cada semana conseguen 150 euros de premio en produtos dos establecementos da ACIA.
Os bares do concello énchense os sábados pola noite de xente que escoita a emisora do Val do Ouro para ver se son agraciados con este bonito premio. Cada sábado a expectación é grande e a diversión abundante, pois o sorteo radiofónico é conducido polo gran Cachín, do Grupo Teatral Raiolas. Quedan aínda dous sorteos nos sábados restantes deste mes de novembro e 250 euros en produtos acumulados para o vindeiro sábado.
