Site icon Crónica3.com A Mariña

CIG, CC.OO e UGT reuniranse coas Asociacións de comerciantes de A Mariña pola Folga Xeral do día 14

CIG, CC.OO e UGT reuniranse coas Asociacións de comerciantes de A Mariña pola Folga Xeral do día 14.

Os representantes mariñáns de Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisiones Obreras (CC.OO) e Unión General de Trabajadores (UGT) veñen de remitir unha convocatoria ás Asociacións de comerciantes da comarca para ter unha xuntanza con motivo da Folga Xeral convocada polos tres sindicatos para o día 14 do presente mes de novembro. Nesa xuntanza os sindicatos explicarán as razóns da convocatoria e tratarán de conquerir a adhesión e o apoio dos comerciantes mariñáns como colectivo directamente prexudicado polas políticas económicas regresivas que está impulsando o Goberno do PP. Políticas que nalgún caso lles afectan directamente, como a subida do IVE ou a liberalización de horarios, e noutros casos, se ben non son os destinatarios das medidas, si son directamente afectados pois ao mermar os ingresos, seguridade, estabilidade etc dos seus potenciais clientes indubidablemente iso vai repercutir moi negativamente no seu volume de vendas de productos ou servizos. Neste caso é paradigmática a “expropiación” da paga extra de natal aos funcionarios se ben habería que incluír todo o conxunto de medidas e reformas que dende un tempo a esta parte non fixeron máis que afondar na precarización dos postos de traballo, nos recortes sociais que afectan ás maiorías etc. En definitiva trátase dunha folga para evitar o saqueo do pobo, dunha folga para que non paguemos a crise as maiorías sociais que nada tivemos que ver coa súa orixe mentres observamos como se premian, incentivan e respaldan os grandes bancos, as empresas multinacionais e en xeral os especuladores que nos levaron á actual situación financieira e social.

Exit mobile version