Site icon Crónica3.com A Mariña

CCOO, CIG e UGT chaman a toda a sociedade da Mariña a participar na manifestación do 14N

As centrais sindicais convocantes da FOLGA XERAL do 14N (CCOO, CIG e UGT), no marco da Xornada de Acción e Solidariedade europea, fan un chamamento á toda a sociedade da Mariña á participar na mesma e na manifestación que terá lugar ese dia en Burela ás 12h.(con saida da estación de servizo Vista Alegre), para lle exixir ao Goberno un cambio da súa política económica e social que supoña:

Pór fin aos recortes sociais e esixir un cambio radical das políticas que se están aplicando para enfrontar a crise, porque

Non serven para crear emprego.
Agravan a situación económica e afúndennos na recesión
Renuncian a unha política fiscal que mellore os ingresos do Estado
Debilitan a protección social e as políticas sociais
Contribúen a aumentar a pobreza e a exclusión
Prexudican á maioría da sociedade e só benefician ás elites económico-financeiras

Reivindicamos outra política que dea prioridade á reactivación económica e á creación de emprego, dedicando especial atención aos mozos, que aposte por outro modelo produtivo, un desenvolvemento sostible, un sector industrial máis dinámico con maior investimento en I+D+i, e un sistema educativo que garanta ao tempo calidade e equidade

Esiximos a reversibilidade da reforma laboral e que se reforcen as prestacións por desemprego, que se garanta a revalorización das pensións e que restablezan as políticas sociais e os servizos públicos como alicerces básicos do Estado de benestar
Promovemos a rexeneración dos nosos sistemas democráticos, que en Europa pasan por refundar a UE a partir dun novo contrato social, unha verdadeira unión fiscal, económica, política e sobre todo social. En España, a rexeneración pasa por esixir ao Goberno que someta a referendo as políticas que está aplicando e que non figuraban no seu programa electoral.

Exit mobile version