Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do IES Alfoz participou en obradoiros sobre O Português Simples

“O mércores 7 de novembro no IES Alfoz ? Valadouro realizáronse dous obradoiros sobre portugués OPS! (O Português Simples) organizado polo departamento de galego e ofertado desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Cada obradoiro tivo unha duración de 100 minutos. A relatora, Noemí Pinheira, empregou diversos materias: Office Impress, Internet, música e audiovisuais, todo elo en portugués (tanto de Portugal coma do Brasil)

O alumnado participou activamente e gozou dunha actividade enriquecedora sobre un idioma que temos preto do noso, non só xeograficamente. Os obradoiros están pensados co obxectivo de lle mostrar ao alumnado a vantaxe competitiva que representa o galego no contexto español e europeo, xa que nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués e, por tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral.”

Exit mobile version