Continuando coa celebración do Outono de Teatro en Alfoz, o pasado sábado, día 10 de outubro, a compañía de teatro “San Tirso del Eo”, de San Tirso de Abres, escenificou na Casa da Cultura a obra titulada “Nosotros, ellas y el duende”, de Carlos Llopis, unha divertida comedia de enredos entre homes e mulleres. É a penúltima actuación deste ciclo teatral en Alfoz, que finalizará o vindeiro sábado día 17 coa actuación do grupo “A Adala” de Fazouro.
