Site icon Crónica3.com A Mariña

A tarde chuviosa en Xove complicou aos competidores menos potentes na tirada de bolos de A Vara

XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 –  IVª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2012/2013)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIA DA  6ª TIRADA

(Centro Social de A Vara – Sábado, 10 de novembro 2012)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA   (10 NOVEMBRO  2012)

35  INSCRITOS:    22 NA LIGA SENIOR,     5 NA LIGA SUB 18   E     8  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO ÓSCAR PÉREZ MEITÍN 286 12
SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 284 10
TERCEIRO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 275 8
CUARTO ALEX MEITÍN SERANTES 248 7
QUINTO ARTURO VIGO CASABELLA 240 6
SEXTO AUGUSTO ALBO OCAMPO 232 5
SÉTIMO JOSE VIGO LAGE 224 4
OITAVO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 221 3
NOVENO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA 217 2
DÉCIMO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 216 1
MELLOR BOLADA CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 85 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 143 6
SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁDEZ 95 4
TERCEIRO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 69 3
CUARTO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 57 2
QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 51 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 53 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 176 6
SEGUNDO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 122 4
TERCEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 81 3
CUARTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 68 2
QUINTO PAULA CAMPO SUÁREZ 66 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 55 1

Excelente participación con 35 inscritos: 22 na Liga Senior, 8 na Feminina Senior e 5 na Sub 18. Tarde moi chuviosa, o que fixo que o campo se  foi complicando para os xogadores/as, sobretodo para os menos potentes.

Liga Senior Masculina.- Arturo Vigo recupera o liderato xa que Sócrates Campo non foi capaz siquer de puntuar, o que fai que caiga ata o terceiro posto. En segundo lugar temos a José Rafael con 43 puntos, quen xunto con César Cancelos e Arturo Vigo son os únicos xogadores que puntuaron nas 6 tiradas celebradas. Como conclusión, decir que temos moita igualdade na cabeza, sen ningún favorito claro, iso sí, con varios dos favoritos principais moi ben posicionados para o trunfo final, inda que queda moita liga por disputar.

Liga Senior Feminina.- Arreón da actual campiona, quen vía que se lle estaba escapando Belén Meitín, e coa victoria acadada na Vara recorta sustancialmente a diferencia con Belén, quedando en 27 e 23 puntos respectivamente. Teceira continúa Conchita Piñeiro con 19 puntos, quedando xa un pouco descolgada outra das favoritas, como é Dolores Baño, que foi campiona hai un par de anos. As restantes xogadoras, máis distanciadas.

Liga Sub 16.- Reacción enrabietada de Salomé Cardoso, a quen non lle gustou nada perder o liderato a semana pasada. A súa victoria e mellor bolada permítenlle recuperar o liderato, iso sí, cun solo punto de ventaxa respecto a Daniel López. Quen se está quedando un pouco descolgado é o outro dos grandes favoritos, Isaias Cardoso, quen se está mostrando moi irregular nas últimas tiradas.

A vindeira tirada vai ter lugar no Centro Social de Vilachá ESTE VINDEIRO SÁBADO 17 DE NOVEMBRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde).

Exit mobile version