Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación pon en marcha o programa “Tempos” de dinamización social no medio rural

BOTA A ANDAR “TEMPOS”, O PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN SOCIAL NO MEDIO RURAL DA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN

Este programa baséase na realización de actividades grupais para mellorar as relacións sociais no medio rural e en grupos de posíbel exclusión social e capacidades diferentes

Está aberto o período de solicitude até o para concellos menores de 5.000 habitantes1 e asociacións lucenses, a quen se lle disporá un monitor/a gratuíto para levar a cabo estas actuacións, até o 15 de novembro

Lugo, 8 de novembro de 2012. Unha nova edición do programa “Tempos” botará a andar a partir da semana que vén. Este programa integral de dinamización social a través do Benestar Social e o Deporte no medio rural mantén actualmente aberto o prazo de recepción de solicitudes por parte de concellos menores de 5.000 habitantes2 e de asociacións para que poidan solicitar unha acción deste programa.

Este programa “Tempos” baséase na realización de actividades grupais para mellorar as relacións sociais no medio rural e en grupos de posíbel exclusión social e capacidades diferentes, para o que a Área de Benestar Social e Deporte da Deputación, a través da Fundación BALOGAL, disporá de monitores que realizarán estas actividades de xeito gratuíto para aquelas asociacións e concellos que resulten beneficiados.

Desde a Área de Benestar Social e Deporte da Deputación xa se lle enviou unha carta a todas as asociacións e concellos lucenses informándoos da posibilidade de solicitar este programa e coa instancia correspondente a presentar, e tamén se pon a dispor o número de teléfono 982 260 149 para calquera dúbida.

Este programa vai destinado ás persoas maiores, dependentes, e nenos e nenas das zonas rurais para reducir a fenda da desigualdade fronte ás zonas urbanas, levando a cabo accións de dinamización social que afonden no benestar das persoas, contribuíndo para logralo a que se faga efectivo o principio de igualdade de oportunidades para todas as persoas, a participación da muller, da terceira idade, dos nenos e nenas e das persoas con discapacidade. Nesta liña, este plan pode verse como unha continuación ou aprofundamento do programa xa levado a cabo “Todos a Xogar”, que se avaliou de xeito extraordinario xa que conseguiu acadar todos os obxectivos que perseguía, chegando a cada recuncho dos nosos pobos e vilas para promover a actividade física e a socialización da nosa xente.

Exit mobile version