A AVV O Tesón comezou o pasado venres 9 de novembro de 2012 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de ‘Novelando a presión social’.
Das películas restantes, Network, Un mundo feliz e El Acorazado Potemkin, este venres 16, novamente ás oito do serán, será proxectada a primeira, ‘Network, un mundo implacable’, interesante visión extrema sobre a presión dos medios e a súa interacción coa sociedade.
O ciclo, en cada unha das catro semanas, terá o mesmo esquema de actuación: repartirase unha pequena introducción escrita e comentarase, haberá o pase da película e logo o foro de comentario de ideas e sentementos sobre o desenvolvemento da mesma e a evolución social.
O desenvolvemento será no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, á mesma hora os catro venres, as 20:00. A actividade é de participación libre e gratuíta.
Lémbase que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As próximas proxeccións terán lugar os venres16, 23 e 30 de novembro.