Site icon Crónica3.com A Mariña

Solidariedade Galega co Pobo Saharauí promove a campaña “Xa non che sirve, xa non che gusta… Entón, DÓNAA”

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí promove a campaña “Xa non che sirve, xa non che gusta… Entón, DÓNAA”

CAMPAÑA SOLIDARIA EN BENEFICIO DO POBO SAHARAUI

“Xa non che sirve, xa non che gusta… Entón, DÓNAA”, este é o lema da campaña solidaria co pobo saharaui que a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui está realizando en Galiza durante os meses de outubro e novembro e que na comarca da Mariña coordina a delegada da Asociación Ana Mejuto coa colaboración de varias familias que acollen nenos e nenas durante o verán. Roupa, zapatos, bolsos, maletas, mochilas roupa de cama, alfombras… que xa non nos gustan ou que xa non utilizamos (non importa o estado de deterioro no que se atope); e que co diñeiro obtido coa sua venda para o seu reciclaxe se poderán mercar alimentos, menciñas e productos de primeira necesidade para levarlles aos refuxiados saharauis que habitan dende hai 37 anos nun dos lugares máis inóspitos do planeta. Familias que subsisten grazas á axuda humanitaria e o diñeiro e alimentos que lles envían as familias de acollida, cada vez menor debido a crise que na actualidade estamos atravesando. Familias que unicamente reciben unha vez ó mes unha ración de alimentos básicos (lentellas, fabas, arroz, pasta, leite en po e fariña).
Dirixímonos una vez máis aos medios de comunicación, aproveitando para agradecer a vosa colaboración, para informar de como está transcurrindo esta campaña, recordando que estamos a vosa disposición se precisades alguna aclaración máis polo miudo.
• Mostrar o noso agradecemento con todas as personas e colectivos que se interesaron por este campaña e que están axudando a conseguir o noso obxetivo, REUNIR 15.000 KILOS!!!.
• As Asociacións e centros educativos, a través das dirección e ANPAs, colaboradores e nos que se poden realizar as entregas son os seguintes: CEIP Santa Rita de Galdo, IES Vilar Ponte, IES Maria Sarmiento, Colexio Landro, CEIP Pedrosa Latas, CEIP de Covas, CEIP Lois Tobío, CEI San Roque, ACD Penalba Colectivo Chilindrín, Asociación Galego-Cubana “Xulio Trigo” e outros en trámite no concello de Burela. Tamén se está recollendo no Concello de O Vicedo, sendo un punto de recollida o seu centro de ensino e a través de duas nais acolledoras . Igualmente nos centros de ensino e nas parroquias de Cervo e Xove varias familias acolledoras están recollendo abundante material.
• Os luns, mércores e venres, de 17 a 19 horas, poden realizar a entrega de material no colexio vello de Celeiro, onde se atopa o local de almacenamento de todo o recollido.
• Tamén se unen á campaña que se está desenvolvendo na Mariña familias dos concellos de Meira, A Pastoriza e Mosteiro a través da sua delegada de zona da Asociación, Eva Currás.
Informar tamén que se algunha familia da Mariña desexa acoller un neno ou nena no seu fogar durante os meses de xullo e agosto pode informarse no Centro de Servizos Sociais do seu Concello ou na Asociación a través do teléfono 986 26 26 37. Trátase de proporcionar os nenos e nenas saharauis unas vacacións estivais en condicións menos duras que no seu país de orixe, onde neses meses chegan a rexistrarse 50 graos de temperatura. Trátase de ofrecer a estes nenos e nenas que teñen unhas condicións vitais tan severas a posibilidade de someterse a una revisión médica, tratar e correxir déficits alimentarios e de coñecer formas de vida distintas, de maneira que isto contribuia tamén a mellorar a comunicación e o entendemento entre os pobos e a promover os valores de solidariedade e cooperación das familias galegas.

Exit mobile version