Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove presentou as escolas deportivas-cultural para o curso 2012-2013

ESCOLAS DEPORTIVAS-CULTURAIS
“ACD.XOVE” 2012-2013

Este Sábado día 6, no Salón de Actos do Concello de Xove, a ACD.XOVE presentou as Escolas Deportivas-Culturais para a vindeira tempada 2012-2013.
Despois de estar aberta a inscricion dende hai cerca de 15 días, son 267 os alumnos-as inscritos nas distintas Escolas Deportivo-Culturais:

FÚTBOL SALA – FÚTBOL 8 – BALONCESTO – PATINAXE ARTISTICO – XADREZ – KARATE – TENIS DE MESA – CAMPO A TRAVÉS –
XOGOS PRE-DEPORTIVOS – PILATES – AEROBIC – TEATRO – PINTURA.

Un total de 18 Monitores estarán o fronte das actividades, coordinados por 10 Directivos-Delegados.
Este ano como novidades presentouse a Escola de Pintura, que ira destinada tanto a nenos como adultos, asi como un equipo de Fútbol 8 de categoría benxamín, que competirá na Liga da Costa organizada pola Federación Galega de Fútbol.
As actividades darán comenzo o próximo luns día 8 de Outubro, prolongandose ata mediados do mes de Xuño-2013. a ACD.XOVE, competirá nos Campionatos Escolares organizados pola Xunta de Galicia en Futbol Sala, Baloncesto, Patinaxe Artistico, Xadrez, Tenis de Mesa e Campo a Través.
O Concello de Xove, aparte da axuda económica que aporta a entidade, pon a sua disposición todolos medios, tanto con personal como instalacions e locais:
dous Pavillons Polideportivos, Salón de Actos, Aula de Formación, Sala Multideportiva e unha Casa destinada a Clases de Pintura. Todo un exemplo de colaboración entre as duas entidades.

Exit mobile version