Friol.: Tatiana; Covi (2), Claudia, Tamara, Viki (2). Tamén xogou Alicia (2)
Viveiro.: Diandra, Rocio, María (1), Nerea, Xiana. Tamén xogaron.: Patricia, Raquel e Andrea.
Excesivo castigo para un Viveiro FSF que plantou cara ao dominador da categoría estes últimos anos.
A primeira metade foi moi equilibrada con dominio alterno por parte de ambos equipos, onde as ocasións de gol estiveron repartidas tanto para o cadro local como para as visitantes, que chegaban con claridade diante da portería defendida por Tatiana, que foi de longo a xogadora mais destacada do Friol nesta primeira metade.
A falta de dous minutos para a finalización da primeira metade, e cando todo parecía indicar que se chegaría o tempo lecer con marcador 0-0 inicial, o Friol atopouse con gol nunha xogada embarullada dentro da área de Viveiro, a saída dun corner, que terminou co balón nas redes da portería defendida por Diandra.
Pero non acabou ahí a mala sorte para o Viveiro, que veu como a escasos segundo para o final da primeira metade o Friol volvía a bater a meta do Viveiro.
Estes dous goles supuxeron un xarro de auga fría para as xogadoras viveirenses que acusaron o golpe, xa que logo de facer unha gran primeira metade íanse ao vestiario cun resultado nada acorde cos seus méritos.
A segunda metade empezou con desconcerto do Viveiro FSF que aínda non se recuperara do acontecido na primeira metade e encaixaba o 3-0 no primeiro minuto da reanudación.
O Friol aproveitou este desconcerto visitante para subir tres goles mais ao marcador antes do minuto 10 da segunda metade.
Unha última reacción do Viveiro fíxoo volver a meterse no partido e volver a equilibrar o partido, logrando acadar o gol da honra a dous minutos do final do encontro.