PISANDO FORTE
As grandes promesas do futuro laranxa entraron pisando forte. Os cadros xuvenís abriron a tempada demostrando que poden dar moito que falar en 2012-13, con vitorias do derbi mariñán fronte ao Cidade de Viveiro (5-2), na Liga Nacional, e sobre o Sarria Peña Españolista (6-0), na Autonómica.
Ambas as dúas escuadras deixaron ver a súa clara superioridade ante os rivais, a pesar da falta de rodaxe. “A mellor lectura que se pode extraer é a do resultado” dixo o técnico de Nacional, Iván Cao ‘Lucas’, destacando “a boa aptitude dos xogadores, aínda que queda por diante moita marxe de mellora”. Pola súa banda, Cristian Fustes definiu o debut xuvenil en Autonómica como “un encontro cómodo, ante un rival sen apenas adestramentos, no que xeramos moitas ocasións”. “Esta vitoria dálles ánimo aos rapaces para seguir traballando e ir facéndose coa categoría pouco a pouco”, puntualizou o adestrador.
Os máis pequenos tamén se estrearon cun excelente balance, na visita ao Azkar Lugo, con triunfos alevín (2-6) e cadete (3-5) e unha rifadísima loita para os infantís (5-2).
Liga Nacional Xuvenil
Burela FS 5-2 Cidade de Viveiro FS
Liga Autonómica Xuvenil
Burela FS 6-0 Sarria Peña Españolista
Amigables
Azkar Lugo FS Alevín 2-6 ED EON Burela FS Alevín
Azkar Lugo FS Infantil 5-2 ED EON Burela FS Infantil
Azkar Lugo FS Cadete 3-5 Burela FS Cadete