Site icon
Crónica3.com A Mariña

O goberno de Burela limita á banda de música a continuar baixo unha asociación ou formar parte da escola municipal

O EQUIPO DE GOBERNO AMÓSASE DISPOSTO A COLABORAR COA BANDA DE BURELA ATA ONDE SEXA POSIBLE. OS POPULARES ASEGURAN QUE O SEU FUTURO PASA POR DÚAS ALTERNATIVAS: CONTINUAR BAIXO A XESTIÓN DUNHA ASOCIACIÓN OU FORMAR PARTE DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA.

Burela, 26 de outubro de 2012. O equipo de goberno amósase disposto a colaborar coa Banda de Burela “ata onde poidamos”. Os populares aseguran que o seu futuro pasa por dúas vías: seguir xestionada por unha asociación ou incluirse de xeito absoluto na Escola Municipal de Música. O Grupo Municipal do PP non quere que este asunto se instrumentalice políticamente por parte de ninguén.

Desde o equipo de goberno explican que “nos 16 ou 17 meses que levamos no Concello coa Asociación de Amigos da Banda é coa que máis veces nos reunimos, sete ou oito veces como mínimo. Dita asociación e o goberno bipartito elexiron un modelo de xestión privada para a Banda, que está xestionada por unha asociación, é Banda de Burela, pero non municipal”. E lembran que “había un convenio co bipartito de 6.000 euros anuais. Nós dixémoslles que non iamos continuar co convenio, porque a situación é a que é, e tamén porque si nós estamos convencidos de que o proxecto da Escola Municipal de Música é agora mesmo o mellor para dita escola eso será o que apoiemos, frente a iniciativas que entran no ámbito privado”.

Os populares sinalan que “aínda así o Concello cede os locais gratis á Banda de Música para os ensaios… Igual non hai todo o apoio que eles quererían, pero tampouco hai desidia. Outra cousa distinta é plantexar o modelo de xestión. Xa se lles dixo en varias ocasións que nós no seu momento cando estabamos na oposición xa nos opuxemos a este modelo de xestión porque a Banda perde o carácter de municipal e pasa a depender dunha asociación privada. A dita asociación dábanselle 6.000 euros, pero tampouco se lle pedía rendir contas ao Concello, só tiña que xustificar os 6.000 euros e ademáis se lle paga o director. A xestión é absolutamente privada”.

Para o equipo de goberno hai dúas solucións posibles, “unha sería continuar co modelo de xestión actual que decidiron eles co bipartito no seu momento, pero agora parece que non lles gusta. A elección fixérona eles. E a segunda alternativa sería que a Banda pase a incluirse de xeito absoluto na Escola Municipal de Música, entón a xestión será do propio Concello a través da Escola Municipal de Música. Non hai máis alternativas. O Concello non quere que desaparezca a Banda, teno claro, pero tampouco queremos que se instrumentalice políticamente esa cuestión, por parte de ninguén”. Desde o Grupo Municipal do PP subliñan que “nós apoiaremos cen por cen á Escola Municipal de Música e desmostrámolo aumentando a oferta educativa da mesma xa durante o curso pasado. A nós válennos calquera das dúas alternativas. Nós plantexamos esta cuestión en varias ocasións e non obtivemos ningún tipo de resposta. Non entendemos a santo de qué ven pedir que nos reunamos, si cada vez que nos xuntamos falamos do mesmo e non chegamos a acordos. Si eles teñen solucións alternativas que as plantexen, pero nós cartos só os imos poñer a través da Escola Municipal de Música”.

Os populares tamén se referiron á avaliación dos alumnos da Escola de Música que tocan na Banda, “a avaliación musical depende da Escola Municipal de Música e é a propia Escola a que decide qué profesor avalía. Nós queremos pensar que non hai ningún tipo de interés persoal en toda esta historia porque xa nos parecería un pouco grave. A Banda debería estar por enriba de moitos avatares e si os hai que se deixen a un lado porque non procede”.

O equipo de goberno recalcal que “haberá colaboración total co Banda de Burela ata onde poidamos, pero a nivel económico non. Incluso lles xestionamos algunha actuación e a algunha delas non acudiron”.

Exit mobile version