Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de O Vicedo organiza o Samaín e, co concello coruñés de Mañón, o obradoiro Comunícate

Esta semana dúas actividades importantes: O samaín, para o que dedicaremos as tardes do luns, martes e mércores a preparar as calabazas grandes para colocar polas rúas e ambientar o desfile. Xa o propio desfile será o mércores ás 19h30 saíndo da Casa da Cultura e con participación de nenos, xóvenes e adultos. Hai que lembrar que se trata da Décima edición deste desfile e que foi o pioneiro na Costa de Lugo. Ao final haberá unha pequena merenda para todos os asistentes ao desfile.
A outra actividade é o obradoiro Comunícate, que terá lugar na Obra Pía do Barqueiro o venres ás 19h e que coorganizamos as oficinas xuvenís dos concellos de Vicedo e Mañón. Trátase dun obradoiro para maiores de 16 anos onde un experto nos asesorará sobre como comunicar mellor á hora de presentarse a unha entrevista de traballo, exames orais, traballos de cara ó público, etc. É necesario anotarse no 982 59 01 95 ou en omix@concellodovicedo.org. En caso de non ter posibilidade de transporte ata o Barqueiro comunicádeo tamén porque vos facilitaremos transporte ata alá.

Exit mobile version