Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS Xuvenil cedeu a súa imbatibilidade (4-5) onte no gran duelo ante o Azkar Lugo

AO BURELA XUVENIL SOBRÁRONLLE 20 SEGUNDOS

O Burela FS Xuvenil cedeu a súa imbatibilidade (4-5) onte no gran duelo ante o Azkar Lugo, na Liga Nacional. Os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ amosaron unha excelente actitude defensiva, complementada con boas ocasións en ataque, aínda que lles sobraron 20 segundos para agarrarse, polo menos, ao empate.

Erik, Fabio, Carlos, Hélder e Ángel compuxeron o quinteto inicial dos burelistas, co apoio de Aitor, Miguel, Pancho, Alemán e Rubén. Polo Azkar xogaron Yago, Costoya, Pablo, Óscar e Aarón, na saída, ademais de Adrián, Alberto, Álex, Alejandro e Jorge. Os goles laranxas foron materializados por Ángel, Fabio e Carlos (2); os pronistas tiveron a sinatura de Óscar e Aarón, por partida dobre, e Adrián.

Liga Nacional Xuvenil

Burela FS 4-5 Azkar Lugo FS

Liga Autonómica Cadete

Burela FS 3-6 Azkar Lugo

Liga Autonómica Infantil

ED EON Burela FS 0-2 Azkar Lugo

Amigables

Burela FS Cadete B 17-1 Cidade de Viveiro Cadete

Exit mobile version