Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS Pescados Rubén B fíxose coa súa segunda vitoria consecutiva na pista do ADFS Bueu

FABIO DÁLLE O TRIUNFO AO BURELA B SOBRE A BUCINA FINAL

O Burela FS Pescados Rubén B fíxose coa súa segunda vitoria consecutiva na pista do ADFS Bueu nun encontro moi rifado (4-5). Fabio deulle o triunfo ao cadro laranxa nun final trepidante sobre a bucina final. “A sorte de cara á portería que nos faltou noutras ocasións apareceu o sábado. Grazas ao acerto en finalización da primeira parte puidemos mellorar o noso xogo á volta do descanso para que o partido caese do noso lado” valorou Iván Cao ‘Lucas’.

A primeira parte da escuadra mariñá foi un tanto frouxa. O Bueu tivo as mellores chegadas, pero o Burela FS foi máis resolutivo, tomando a dianteira no marcador, con 2-2 ao descanso.

Ao regreso dos vestiarios, o Burela FS asumiu as rendas da cita con agresividade e con maior perigo sobre a portería local. Xa no minuto 22, Souka volveu colocar a vantaxe laranxa, pero o Bueu sacou de novo a artillería para empatar, no 26. Na recta final chegou o verdadeiro espectáculo. A pouco máis dun minuto, Antón subiu o 3-4, en superioridade numérica mariñá; non obstante, os pontevedreses reaccionaron con porteiro-xogador e nova igualada. Non había dúbida, o partido estaba para os burelistas e diso deu fe a aparición prodixiosa do máximo goleador burelista, Fabio, que aproveitou o seu propio rexeitamento para subir tres novos puntos á cuadrícula dos de Lucas.

Ficha técnica

ADFS Bueu: Hugo, Juanillo, Lea, David e Congui, no cinco inicial; tamén xogaron Pacho, Javi, Mon, Toño, Rafa e Adri

Burela FS B: Erik, Bruno de Nois, Antón, Carlitos e Souka, no cinco inicial; tamén xogaron Fabio, Xoia, Aarón e Pichi

Goles: 0-1, minuto 4, Carlitos; 1-1, minuto 11, Juanillo; 1-2, minuto 18, Bruno de Nois; 2-2, minuto 19, Congui; 2-3, minuto 22, Souka; 3-3, minuto 26, Congui; 3-4, minuto 39, Antón; 4-4, minuto 39, Mon; 4-5, minuto 39, Fabio

Exit mobile version