Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de cinco mil persoas acudiron a Lourenzá a Feira da Faba

A FESTA DA FABA RECIBIU MÁIS DE 5.000 VISITANTES, AS VENDAS SUPERARON OS 8.000 KILOS E REPARTIRONSE MIL RACIÓNS NA CARPA DA DEGUSTACIÓN. A ALCALDESA, EMMA ÁLVAREZ, FAI UN BALANCE SATISFACTORIO A PESAR DA “DISCRIMINACIÓN POR PARTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO”.

Lourenzá, 8 de outubro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, fixo un balance satisfactorio da 22ª edición da Festa da Faba, que rematou onte e salientou as cifras de participantes e vendas. “Máis de 5.000 persoas se achegaron ao noso concello entre o sábado e o domingo e máis de 8.000 kilos de faba se venderon tanto nas casetas dos fabeiros, faba da IXP da denominación de orixen Faba de Lourenzá, coma no mercado que como cada domingo houbo tamén onte. Máis de mil racións en cuncas de barro se venderon na carpa da degustación e a maiores todas aquelas que os restaurantes locais puxeron á venda nos seus menús e as tapiñas dos establecementos que participaron no concurso do roteiro de tapas con fabas de Lourenzá e ofreceron 22 especialidades distintas gratuitamente coa consumición nos bares do casco urbano”, explicou a rexedora.

Emma Álvarez comentou que o balance é positivo “a pesar da falta de colaboración que sentimos, unha vez máis, por parte da Deputación de Lugo, que tódolos anos apoiaba esta festa da faba con 4.000 euros pero este ano reduciron a aportación a somente 1.000 euros para cartelería. Parécenos que é unha vez máis un acto discriminatorio por parte da Deputación cara a un Concello gobernado polo Partido Popular, sobre todo si temos en conta as distintas aportacións que fai a outras festas gastronómicas da nosa comarca. Por exemplo paréceme descabellado que aportara tres veces máis á festa da fabada en Cervo, onde os propios membros da asociación organizadora decían en prensa que eran fabas compradas no concello asturiano de A Veiga. Polo tanto a Deputación a maiores de discriminar a un concello gobernado polo PP tamén prexudica aos productos da Mariña de Lugo, posto que estivo comprando faba asturiana habendo na Mariña, e mesmo no concello de Cervo, productores de faba que lles podían suministrar para facer ese evento”.

Para a alcaldesa “é lamentable que a Deputación de Lugo, que debería dalgunha maneira apoiar ás administración locais e aos productos que saen da nosa terra, non o fagan e sigan con esta actitude” e engade que “tamén foi discriminación non asistir a ningún dos actos oficiais aos que foron invitados tanto o presidente da Deputación como o vicepresidente Antonio Veiga e a vicepresidenta Lara Méndez. Sin embargo os dous primeiros sí se achegaron a Lourenzá a facer campaña política. Polo tanto lamentar que non lles importe a faba de Lourenzá como producto senón que somente lles interesara a festa da faba para facer campaña electoral”.

Exit mobile version