Espazo Ecosocialista aposta pola continuidade estratéxica de Alternativa Galega de Esquerda e ofrecese na estruturación nacional e zonal da Coalición
Segundo os ecosocialistas galegos hai que quebrar o discurso dominante da dereita sobre a base da radicalidade democrática das forzas da esquerda e da responsabilidade cidadá activa
A irrupción de Alternativa Galega de Esquerda osixena o
Parlamento e impide unha maior vitoria electoral do PP
o resultado electoral das pasadas eleccións autonómicas e da campaña de Alternativa Galega de
Esquerda e planificou as tarefas de Espazo Ecosocialista para os próximos meses.
A vitoria do PP confirma a o discurso dominante da dereita
Os ecosocialistas galegos lamentan a vitoria electoral do Partido Popular que o único que demostra é
que aínda existe un alto grao de desafección política tal como o demostra o crecemento da
abstención (situada nun 36,2%) e o volume numeroso de votos en branco e nulos que, co 2,69% e o
2,55% respectivamente, se converten na quinta e na sexta opcións electorais por riba doutras forzas
que se presentaron a estas eleccións.
As causas desta desmobilización hai que buscalas fundamentalmente na inexistencia dunha
oposición parlamentaria durante a pasada lexislatura, mesmo nalgúns casos de máxima urxencia
como o das caixas de aforros, cun seguidismo do goberno por parte dos grupos da oposición que foi
asentando na cidadanía a idea dunha carencia de alternativa.
Os resultados, ademais, amosan que aos erros da esquerda hai que sumar a hexemonía do discurso
da dereita, unicamente posible de quebrar desde novos xeitos de facer política baseados na
radicalidade democrática e na necesaria responsabilidade cidadá activa.
Para Espazo Ecosocialista esta desafección no electorado da esquerda supón que non se foi capaz
de mobilizalo, coa conseguinte vitoria do Partido Popular malia as súas políticas de recortes e de ter
caído máis de 130.000 votos con respecto ás autonómicas anteriores.
Con todo, o devalo en votos e porcentaxe do Partido Popular indica un rexeitamento claro das súas
políticas, rexeitamento que a cidadanía debe seguir a expresar na rúa para frear o desmantelamento
do estado social e democrático. A primeira oportunidade para iso é a próxima folga xeral convocada
polas centrais sindicais para o 14-N, que debe ser un exercicio masivo contra as políticas de axuste.
www.espazoecosocialista.org / correo: espazo@espazoecosocialista.org / twitter: @espazo_ecosogal / facebook: espazoecosocialistagalego
Page 2
O feito de que o PP teña a súa maior caída no voto urbano, ata o punto de que se hoxe fosen as
eleccións municipais non gobernaría practicamente ningunha das grandes cidades e vilas medianas
de Galicia, é un síntoma claro de esgotamento do proxecto da dereita.
O resultado de AGE é un éxito da unidade e da transversalidade
Espazo Ecosocialista quere amosar a súa satisfacción polo resultado espectacular de Alternativa
Galega de Esquerda, que non só irrompe con forza no Parlamento, converténdose na terceira forza
da cámara con 200.000 votos e 9 deputados, senón que o consegue con poucas semanas de
existencia e con escasos recursos.
Non obstante, non fomos quen de conseguir o noso principal obxectivo, que era botar fora do
goberno ao PP e parar as políticas de dereitas, moi pola contra esta sae reforza institucionalmente.
Sen animo de buscar escusas, faise cada vez máis necesario que nunca unha reforma electoral que
achegue ao máximo a proporción elector/voto de xeito que a cidadanía recupere a confianza na
participación electoral.
A irrupción de AGE demostra a necesidade de novos referentes para a cidadanía, recolle parte da
desafección que doutro xeito tería amplificado a vitoria electoral do PP e, sobre todo, osixena un
Parlamento necesitado de maior pluralidade política.
Os resultados nas cidades, que a sinalan como segunda forza nalgunha delas, sinala a conexión de
AGE cos sectores máis dinámicos do país, especialmente coa mocidade.
Aqueles que pretenden responsabilizar a AGE en canto a elemento de división do voto da esquerda
so pretenden fortalecer o modelo bipartidista, asimétrico en Galicia, esquecendo dúas cuestións
claves: a necesidade dunha maior pluralidade reflexo da pluralidade social, que en todo caso pode
ter o elemento corrector en amplas alianzas plurais tal como defendeu AGE, e que presenza de AGE
nas eleccións posibilitou que moita cidadanía desafectada volvera a reactivarse e a entusiasmarse
durante a campaña.
De feito se ben é certo que PSdG e BNG fixeron un transvase de votos cara a AGE con respecto aos
resultados das anteriores autonómicas, polo medio houbo unha xerais e unhas municipais onde por
vez primeira a caída en votos de un non ía en reforzo do outro, senón que era unha caída conxunta.
Pódese asegurar, pois, que AGE recolleu votos desafectados da esquerda e do nacionalismo, ou
dito doutro xeito, recolle antigos votantes do PSdG e do BNG pero a través de un proceso de
abandono previo.
Para Espazo Ecosocialista, o noso candidato, Xosé Manuel Beiras, foi quen de catalizar, grazas á
súa traxectoria política e ética, o descontento social, pero, ademais, a aposta da unidade na
pluralidade actuou como un elemento mobilizador.
A superación da división nacionalismo/non nacionalismo a través dun proxecto nacional é
fundamental nunha etapa na que o eixo social e democrático adquiren preponderancia. Por iso
cómpre seguir avanzando en maiores graos de unidade.
www.espazoecosocialista.org / correo: espazo@espazoecosocialista.org / twitter: @espazo_ecosogal / facebook: espazoecosocialistagalego
Page 3
Necesitamos construír novos paradigmas culturais sen necesidade de binomios artificiosos,
paradigmas centrados na defensa do ben común (esquerda transformadora) e das liberdades
(radicalidade democrática), incluída a defensa do autogoberno, pero non situado en debates
abstractos senón concretos. Soberanismo entendido no século XXI non coma unha aposta de
independencia tal como se formulaba hai 50 anos senón como o dereito a decidir nun marco global
de soberanías compartidas e onde os grados de relación: federal, confederal, … iranse fixando en
funcións dos intereses das persoas (soberanismo cívico).
Preparar o futuro: AGE como aposta estratéxica política
Dixemos multitudes de veces, e volvemos a reiteralo, que a reconstrución e renovación da esquerda
nacional era un proceso de medio/longo prazo pois afectaba non so a elementos metodolóxicos
senón epistemolóxicos, que non se remataba o 21-0, pois requiría dunha renovación de ideas, de
pautas culturais e de formatos organizativos.
Para Espazo Ecosocialista, a coalición AGE vai ter que asentarse nesa nova cultura cooperativa
da esquerda plural e aberta onde convivan a esquerda independentista, a esquerda federalista e a
esquerda nacional renovadora,construíndose de xeito estable e ligada aos movementos e
organizacións sociais para canalizar as súas demandas e propostas.
AGE debe constituírse de facto politicamente e vertebrar órganos políticos estables a nivel nacional e
a niveis comarcais para abordar a política nacional e os procesos electorais de caracter propio. Os
homes e mulleres de Espazo Ecosocialista ofrécense desde xa para deseñar e perfilar o que debe
ser a estruturación nacional e zonal da Coalición.
Ademais debese asegurar un funcionamento do Grupo Parlamentar coordinado e cohesionado que
permita unha relación directa deste coa sociedade civil e as organizacións sociais da mesma.
Espazo Ecosocialista vai traballar para que a xente da esquerda nacional renovadora poida ter un
espazo de encontro e participación desde a cooperación entre tod*s.
Se unha lección pódese sacar do pasado e que cando existen proxectos plurais no organizativo, a
fortaleza de cada unha das partes asegura a fortaleza do conxunto namentres que partes
minorizadas convértense en instrumentos ao servizo de minorías, deixando sen voz nin voto ás
maiorías.
Espazo Ecosocialista vai priorizar na fortaleza do proxecto unitario, pero sen deixar de lado o
fortalecemento do espazo que queremos representar. Nese senso estamos coma sempre abertos
aos procesos de confluencia que así o aseguren.
Convidamos a todos e a todas e esta tarefa ilusiónante