rátase dunha actuación enmarcada nun convenio de colaboración entre a Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente, para a xestión e desenvolvemento sostible nas reservas da biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón
A XUNTA DEMOLERÁ AS PRESAS DE FONDÓN E DE GUMERSINDO NO RÍO EO
Estes obstáculos tiñan a función de derivar auga cara uns muíños que se atopaban nos concellos de A Pontenova e Ribeira de Piquín, que na actualidade están en desuso
Con eliminación desta infraestruturas no leito do río implántanse medidas que favorezan as migracións de especies piscícolas, como o salmón atlántico, a troita, a anguía, ou a lamprea
Santiago, 6 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas executará nas vindeiras semanas a demolición de dúas presas do río Eo, unha é a presa de Fondón, no Concello de A Pontenova, e a segunda a de Gumersindo, no Concello de Ribeira de Piquín.
Trátase de dous obstáculos artificiais no leito do río Eo, dúas presas de gravidade, que se construíron coa finalidade de derivar auga cara senllos muíños, actualmente en desuso. Estas concesións foron caducadas revertendo todos os elementos situados no dominio público hidráulico ao Estado.
Os traballos consistiran na demolición mecánica mediante unha retoescavadora, depositando os elementos naturais no propio leito e transportando ao vertedoiro os restos de formigón ou estruturas metálicas que puidesen aparecer. A duración estimada dos traballos é de dúas semanas.
Cómpre sinalar que esta actuación está enmarcada dentro dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente,para o apoio á xestión e ao desenvolvemento sostible nas reservas da bioesfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón. Unha das liñas de actuación céntrase en mellorar o estado de conservación da zona núcleo da Reserva, neste caso o espazo natural protexido Río Eo.
Ademais, esta medida favorecerá as migracións de especies piscícolas, como o salmón atlántico, a troita (na súa forma sedentaria e anádroma ou o reo), a anguía, ou a lamprea, pois a súa presenza imposibilita ou dificulta as migracións vitais destas especies e, ao mesmo tempo, increméntase o hábitat dispoñible o evítanse os danos ás poboacións.
Nas imaxes pódense identificar as presas que se demolerán nas próximas semanas: