A Concellería de Consumo de Foz organiza unhas Charlas Médicas en colaboración co Hospital da Costa co fin de que non esxamos nós mesmos doutores senón intentar educar na prevención .Para que sexamos conscientes das nosas doenzas e adoptar formas de vida saudables.Os temas a tratar son 8 de Novembro: Dr. Javier Couce: Encóntrome mal, estou enfermo? Que fago onde vou?. 15 de Novembro: Dr. Angel Nuñez López: Hipertrofia benigna de próstata. 22 de Novembro: Dra. Celsa Perez Carral: Rinitis alérgica e a súa relación co asma. 29 de Novembro: Dra. Belén Fra Pérez: Qué son os cuidados paliativos?. Estas xornadas serán no Salón de Actos da Casa da Cultura os xoves de novembro ás 20:00 horas e cunha duración aproximada dunha hora.