Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de axuda ao enfermo mental “A Mariña” conmemora o Día mundial da saúde mental

A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA” CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

(10 DE OUTUBRO)

A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, conmemora un ano máis o Día Mundial da Saúde Mental, unha xornada na que quere reclamar unha atención integral ás persoas con enfermidade mental, que en Galicia afecta a máis de 40.000 persoas. Esto implica que ademáis do tratamento farmacolóxico, se deben aplicar todas as medidas terapéuticas necesarias e adaptadas ás necesidades particulares de cada persoa, o que permite unha mellor recuperación e maior autonomía.

Unha de cada catro persoas padece algunha enfermidade mental ao largo da súa vida. O principal problema en saúde mental é o gran número de persoas que non contan cun tratamento axeitado: en moitas ocasións non se mantén unha perspectiva integral do tratamento, nin se asegura que sexa continuado. Segundo unha enquisa da OMS, entre un 35 e un 50% das persoas con enfermidade mental dos países desenvolvidos non recibe ningún tipo de tratamento.

A atención integral e a continuidade nos coidados das persoas con enfermedidade mental supón un aforro no gasto público, dado que reduce enormemente as partidas máis costosas: os ingresos hospitalarios, os servizos de urxencias e a compra de fármacos. Neste sentido, dende a ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, xunto con FEAFES GALICIA , propoñemos unha serie de medidas como a prevención, a atención comunitaria, ou a detección precoz, que supoñen unha mellora nas prestacións ao conxunto da poboación, ao tempo que poden permitir un aforro nas contas públicas.

Ademais, a integración das persoas con enfermidade mental pasa por unha maior coordinación socio-sanitaria, que fomente a máxima autonomía deste colectivo, políticas de inserción laboral, así como unha actitude da sociedade máis aberta e comprensiva fronte aos problemas de saúde mental.

En épocas de crise económica corremos o risco de situar a saúde mental en segundo plano dentro das nosas prioridades. Con todo, nós consideramos necesario prestar atención aos diferentes problemas de saúde mental, xa que o 2’5 e o 3% da poboación adulta ten unha enfermidade mental crónica e unha de cada catro persoas terá algún tipo de enfermidade mental (crónica ou leve) ao longo da súa vida.

O lema escollido este ano para a conmemoración do Día Mundial é “A mellor inversión, a túa saúde mental”.

Dende “A Mariña” , invitamos a todas as persoas a realizar ese “investimento” na súa propia saúde mental, así como na das persoas do seu ámbito. Un investimento que non ten por que medirse en euros, senón en adoptar outros modos de vida e valores: organizar o noso tempo de forma menos estresante; coidar -e deixarse coidar- polos nosos familiares, amigos, compañeiros de traballo, etc; e sobre todo, cambiar a nosa visión ante os problemas de saúde mental, para afrontalos con decisión e apoiar a quen os presenta como calquera outro problema de saúde máis.

Dentro dos actos preparados para a conmemoración do dia Mundial da Saúde Mental, o próximo mércores dia 10, está o de colocar mesas informativas, nas que tamén incluiremos pezas artesanais realizadas pólos nosos usuários nos diferentes talleres ocupacionais.

Ó mesmo tempo tamén aproveitaremos para informar como se pode colaborar coa Asociación e tamén para recoller donativos, que serán destinados ó programa de ócio e tempo de lecer dos nosos usuários.

As mesas e starán situadas dende as 11 da mañá ata as 13:00 horas en:

Ribadeo: C/ Ramón González (rúa perpendicular á Rua San Roque, onde temos situado o Centro de Rehabilitación ).

Burela : Centro de Saúde

Cervo : Centro de Saúde

San Ciprian: Plazoleta ( a carón da Casa da Cultura).

Exit mobile version